O pasado venres 10 de xuño o alumnado de1º e 2º de primaria tivo a sorte de gozar da visita de Leandro Lamas. Desta maneira excepcional pecharon o Proxecto Documental Integrado deste curso, que como ben sabedes virou ao redor da arte.
Leandro puido ver as extraordinarias reproducións dalgunhas pezas da súa obra realizadas polos nenos e nenas de primeiro e segundo que estiveron a traballar a obra deste artista.
Parabéns polo traballo e moitas grazas a Leandro por amosar unha vez máis a súa implicación no fomento do gusto pola arte entre a rapazada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario