O alumnado de primeiro e segundo queren traballar cadros do artista galego Leando Lamas.
Desde 1998 dedicado ao mundo da pintura, realizou exposicións principalmente en Galicia, aínda que tamén participou en exposicións en España e Portugal.
Algúns dos lugares nos que expuxo a súa obra son Galerías Sargadelos de Ferrol e Lugo, Galería Visol en Ourense, Auditorio Ceutí en Murcia…
Ademais da realización de cadros, o seu traballo esténdese a outras obras como murais, ilustración, etc.
Os nenos e nenas de 1ºB traballaron catro cadros do pintor galego Leandro Lamas, seguindo a parte de ARTE do noso PDI, e a gañadora foi Olivia Ruíz Pérez, de 6 anos de idade, que traballou esta muller embarazada, seguindo o orixinal, cun grande acerto e un enfoque artístico marabilloso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario