Co segundo trimestre chegan ao noso cole as lecturas compartidas dentro dos grupos dos nenos e nenas maiores da escola. Este ano, por mor da pandemia, os clubs realizaranse nas aulas e cos titores e titoras.
Cando xa teñan o libro ben avanzado, ou rematado, recibirán aos autores e autoras dos libros. Este curso serán encontros virtuais pero o alumnado terá ocasión de compartir co escritor ou escritora as súas dúbidas, opinións, curiosidades sobre as personaxes, a inspiración, a temática. etc.
Dentro deste blog teñen o seu propio espazo, onde colgamos información para a primeira sesión e onde poden colgar as pegadas da vida do club (Fotos, audios, debuxos, escritos, boktrailleres...). Para achegarvos ás súas entradas do seu blog premede nas imaxes.
Club Lectura 4º |
No hay comentarios:
Publicar un comentario