lunes, 11 de mayo de 2020

Letras Galegas na casa!


      
AO TEMPO QUE FLORECEN OS CAMPOS 
E IMOS SAÍNDO POUCO A POUCO DO CONFINAMENTO...
CHEGAN AS LETRAS GALEGAS!
ASOMADO Á VENTÁ DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES...
VESE A CARVALHO CALERO
INESPERADO, MAIS INESQUECIBLE..
ABRÍMOSLLE A PORTA DAS NOSAS CASAS 
PARA COÑECELO MELLOR? 
                                           



O alumnado de 6º como cada ano vainos presentar ao persoeiro ao que están adicadas as Letras Galegas deste ano : Ricardo Carvalho Calero. 






Para saber moito máis e realizar actividades on line e para imprimir visitade esta páxina e buscade as axeitadas para a vosa idade:

Preme e aprende!

Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado:


 Como dicía Manuel María "Galicia somos nós: a xente e mais a fala”.

 Pois nós, a xente do Couceiro,  cadaquén dende a súa casa, imos escoller unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
 Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS o 17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Queredes? Atendede como o podemos facer :


  1. Escolle a palabra galega especial para ti. Ollade que palabra elexiu Güino!!!
  2. Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente.Podes darlle cor pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras.
  3. Colle outro folio e tamén  en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
  4. Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com
  5. Para facer a SEMENTEIRA apañaremos palabras ata o mércores 20 de maio. Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e curso,  o alumnado.


Non chegues tarde!


Este curso teremos actos ben diferentes a outros anos, non haberá muiñeira no patio, pero si teremos música:









 Non teremos apadriñamentos lectores pero si haberá contos: 


Un dos Bolechas sobre o autor: 




Preme e le!


E outro conto do propio Carvalho Calero que a editorial ferrolá EMBORA cedeu gratuitamente: 





E por suposto  si estamos de FESTA ten que haber xogos, que compartimos doutras bibliotecas amigas,  que nos axudarán a coñecer máis sobre a vida e obra do autor:










Feliz Día das Letras Galegas! Mil primaveras máis para a nosa lingua!

No hay comentarios: