Vén de rematar o club de lectura do profesorado correspondente ao 1º trimestre.
O alumnado de5º e 6º comezará os seus clubs no 2º trimestre, logo de participar no 1º trimestre no "Club das Letras " e na actividade "Lemos aos máis pequenos e ás máis pequenas". Ambalas dúas actividades continuarán no 2º e 3º trimestre.
O profesorado leu e compartiu impresións sobre o libro de Ledicia Costas "Infamia".

Infórmate sobre a autora e a súa obra! |
Gran parte dos e das participantes festexaron a lectura compartida cunha actividade realizada co IES "Fraga do Eume";
onde, ademais de compartir as últimas impresións sobre o libro e debater o seu final, probaron o seu coñecemento profundo do mesmo cun bingo titulado" Quen di esta frase";
ao tempo que degustaban unha cea de Nadal elaborada nos fogóns da Escola de Hostalaría e servida polo alumnado da mesma.
Xenial coma sempre o IES "Fraga do Eume"!
E moi bo e ben documentado o bingo temático! A participación entusiasta das lectoras e lectores fixo desta última sesión un éxito.
Unha sorte para todos esta lectura compartida e máis para Antón que levou o gran premio do bingo...
Xa estámos preparando a actividade do 2º trimestre, admítense suxestións!
Noraboa a tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario