Hoxe á mañá e logo de días de reflexión ante unha nova responsabilidade formáronse os equipos de axudantes de Güino. Nove ou 10 nenos e nenas de 5º de Primaria que cada día van dedicar 10 minutos do seu tempo a traballar en grupo para que:
- O "Xardín do Pasatempo" estea ordenado
- Para levar as mensaxes do garda da nosa biblioteca
- Para representalo sempre que sexa necesario, etc.
Co obxectivo de involucrar ao alumnado na colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero desenvolvida dun xeito case lúdico.
Ollade os novos equipos!
Os usuarios e usuarias ademais de agradecerlle o seu traballo temos que facilitrallo deixando as devolución na súa caixa correspodente cando devolvamos os préstamos e procurando deixar sempre a biblioteca polo menos tan ben como a atopamos ao chegar.
Entre todos e todas conseguirémolo!
Abrimos o 1º de outubro! Feliz curso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario