Xa que estamos no Nadal
bota ao vento unha semente,
que no ano novo nacente
terá tempo a xermolar.
Que teñas nos ollos paz
e da túa boca valente
na lingua da nosa xente
saian palabras de amar
(Antón Cortizas)
Agora que os días son moi curtos e as noites longas, agora que chegou o frío á nosa vila, agora que se achega o inverno, é o tempo do Nadal.
Na nosa escola estivemos tod@s ben atarefados, cantando panxoliñas, preparando bailes, ensaiando obras de teatro, decorando aulas e corredores,...
En coordinación co EDLG, alumnado de todas as idades elaboraron calendarios de peto coa temática do proxecto deste curso. Premede na imaxe e accederedes a máis información da actividade.
Todo este tempo de traballo en equipo, de lecer aprendendo, de alegría e nervios trouxonos ao final do trimestre ás portas das merecidas vacacións, ás que recibimos como cada curso con un festival, O FESTIVAL DE NADAL.
Agradecemos o participación de toda a Comunidade Educativa. Entre tod@s conseguimos que cada ano chegue o Nadal a nosa escola.
Aquí queda unha pequena mostra do vivido estes días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario