martes, 24 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

Este ano o día das Letras Galegas está adicado ao poeta outeirés Manuel María.

No noso centro xa levamos un tempo facendo a nosa pequena homenaxe ao autor, xa que moitas das actividades que temos realizadas xiran en torno a el.

Co comezo do ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fíxose un pequeno concurso entre o alumnado de 5º e 6º de primaria que presentou debuxos baseados nas obras de Manuel María. Todos os traballos presentados foron estupendos, pero escolléronse tres cos que ilustrar os calendarios do ano 2016.



Ademáis, como xa sabedes, tamén adicamos o Día da Poesía as obras do autor indo a recitalas polas rúas da vila.

Os actos da conmemoración do Día das Letras Galegas comezaron o mércores 18. Durante esta semana entramos na escola escoitando os poemas musicados de Manuel María e o recitado de poemas dos que se encargaron os membros do equipo directivo.

O venres, no acto principal, o alumnado de 6º de primaria encargouse de presentarnos a vida e obra do autor a través duns traballos plásticos que realizaron na aula.





Despois deste acto, e descansar un poco no patio, saímos a entrada do cole para rematar a actividade proposta polo Equipo de Dinamización,  "Conserva a túa palabra". Trátase de facer unha cápsula do tempo na que soterramos un libro feito coas palabras galegas favoritas de cada quen. Quizais os vosos netos descobran dentro de moitos anos que ao seu avó gustáballe a palabra "vagalume" ou a súa bisavoa "grazas".

Na biblio temos unha copia deste traballo conxunto para que poidades buscar a vosa palabras descobrir cal é a palabra favorita dos compañeiros.




No hay comentarios: