O pasado mércores, 24 de febreiro, lembramos no noso centro a figura de Rosalia de Castro, unha das grandes figuras da nosa literatura.
A Asociación de escritoras e escritores en lingua galega está a promover, dende hai uns anos, a difusión desta data, coincidindo co nacemento da autora no ano 1837.
Un ano máis, dende BiblioCouceiro queremos sumarnos a este recordo e para iso traballamos nas aulas un verso do poema "Alborada", de "Cantares Gallegos".
Para compartir este día con toda a comunidade educativa, os rapaces e rapazas decoraron unha postal que mandaron as casas.
Esperamos que fora unha agradable sorpresa atopalas no buzón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario