viernes, 29 de mayo de 2009

Ramiro Fonte

Hoxe, 29 de maio, tivo lugar nos XARDÍNS DE LOMBARDERO un acto promovido polo concello e organizado pola BIBLIOTECA MUNICIPAL para recordar a RAMIRO FONTE , poeta e escritor EUMÉS falecido hai poucos meses. Ao acto asistiron escolares dos distintos centros educativos de primaria da Vila e, representando ao noso colexio, asistiu o alumnado de 5ºB que recitaron tres poesías do libro XARDÍN DO PASATEMPO. O acto foi moi emotivo e, ao rematar. ALEXANDRE CAÍNZOS expresou o desexo de que se lle dedique un DÍA DAS LETRAS GALEGAS nos vindeiros anos, desexo ao que nos sumamos dende o noso centro.



3 comentarios:

sara dijo...

Foi unha nova experiencia, un novo reto. O pasamos moi ben no xardín.

Moitos bicoss.

Sara.

Anónimo dijo...

Participamos neste acto con moita ilusión,facendo un traballo colectivo onde recitamos un poema o mar ,fixemos un rapp co poema as palabras , para acadar cun alalá co poema do diccionario.
Os representantes do axuntamento valoraron o noso traballo e deronnos as felicidades ao CEIP Couceiro Freixomil.
Tamén fixeron un agasallo a todolos participantes cun lote de libros para as bibliotecas.
Queremos darlle as grazas a Alejandro e os membros de cultura do concello por orgaizar este tipo de actos e a nosa biblioteca polo seu reportaxe.

Patri dijo...

Lo pasamos muy bien pero hacia muchisima calor.

Chao.

Patri