Por fin chegou o gran día.... O ANTROIDO!!! E disfrutámolo... como o disfrutamos!!!! Primeiro no colexio, desfilando e mostrandolles a todos o que o maxín traballara nos días anteriores. Despois polas rúas da Vila onde se congregaron cantidade de personas, nais, pais, avós... e veciños en xeral que quixeron sumarse á nosa alegría. Na Praza Real subímonos ao palco a cantar as pezas que preparáramos para a ocasión e
por último, xa de volta no cole... FESTA RACHADA!!!! Demos conta das filloas, orellas, torradas.... baile, música e moita, moita ALEGRÍA!!! Graciñas a tod@s pola participación tan entusiasta.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjAPkwPMQv98gFqLFzoorROL0T_muu5ZXQrMPal4SfXw0HVm8oszdGJMBQvLQ0ZeM8suN67wR4AKN6Y8sAcglkZYGC_39YQA7HNDNemBLbIt2W4EiOIfYTO9sPYzLk9NbYn3Jip5Zfi6W4/s320/carnaval.gif)
1 comentario:
Fíxenme seguidora deste blog. Encántame!! O vernes pasado pasámolo xenial cos disfraces. Bicos de Sara.
Publicar un comentario