jueves, 27 de septiembre de 2018

Charla sobre celiaquía

Este curso o noso Proxecto Documental Integrado, BO PROVEITO!,  ten como tema a ALIMENTACIÓN.

Enmarcada neste proxecto,  todo o profesorado do CEIP Couceiro Freijomil tivo o martes pola tarde unha charla informativa sobre a celiaquía a cargo da Asociación de Celíacos de Ferrolterra.

Elena Carneiro, acompañada por Carmela, explicounos que é a enfermidade celíaca, proporcionounos información interesante e deunos importantes pautas de actuación.




Ademais, enriqueceu o  documentación  que estamos a recompilar para o PDI deste curso, con follectos e libros sobre o tema.





Moitas grazas!


lunes, 17 de septiembre de 2018

Ler e comer:

Este curso as mestras e mestres do cole están a iniciar o seu primeiro CLUB DE LECTURA.

Escolleron unha brillante novela histórica sobre a historia oculta tras os sabores da  Antiga Roma:





«O banquete dos praceres» de Crystal King é unha novela marabillosa que nos leva ás cociñas daquel antigo período da nosa historia.
Apicio é un rico gourmand do primeiro século de nosa era que aspira a converterse en conselleiro culinario do emperador. Un día acode ao mercado de escravos a comprar a Tracio, o cociñeiro doutro romano que faleceu. A súa arte na cociña precédelle e o romano non dubida por pagar por el un auténtico capital, ten a seguridade de que grazas a el conseguirá o seu obxectivo. O escravo, que por certo converterase no noso narrador, non pode crer a sorte que tivo ao entrar a formar parte da casa deste rico comerciante. Será o dono e señor dunha cociña chea de escravos sobre os que mandará para facer de Apicio o rei a opulencia e as delicias.

Bo proveito!


jueves, 13 de septiembre de 2018

A ÓPERA COMO VEHÍCULO DE APRENDIZAXE

As nenas e nenos maiores de Educación Infantil animados polas súas titoras, Sonia S. e Marina e Sonia a mestra de Audición e Linguaxe, van desenvolver ao longo deste curso unha compañía de ópera. 

Premede na imaxe para informarvos do que andan a argallar!





Ánimo formiguiñas e caracois!

martes, 11 de septiembre de 2018

Comeza o curso...BO PROVEITO!

O Chef da nosa Biblioteca achega este curso unha suxestión ben apetitosa. Grazas a Güino ímonos encher da coñecemento!
Botádelle unha ollada ao video presentación que elaborou o gardán da nosa bioblioteca . Pasaría o verán na escola de hostalaría? Está feito un gran restaurador!

Aquí nos deixa unha carta  chea de suxestións ben apetecibles: Bo proveito!


miércoles, 20 de junio de 2018

Exposición Final: "Alén do Mar"

Unha vez rematado o proxecto, chega o momento de facer unha análise global das aprendizaxes adquiridas e daquelo que precisamos mellorar para o seguinte PDI. Ademais da avaliación continua e formativa, vén a reflexión final e a elección do próximo proxecto para planificar cara o curso que vén.



Mais antes expoñemos a toda a comunidade educativa os diferentes materiais elaborados ao longo do curso, non todos mais si os que permitiu  o seu formato. Do resto,  moitos poden observarse neste blog e outros traballos individuais quedan incorporados nas creacións de cada alumno e alumna e nas súas vivencias que propiciaron un desenvolvemento integral.




Hoxe tivemos unha xornada de portas abertas para que as familias puideran achegarse á exposición a modo de produto final de "Alén do Mar".




As nenas e nenos expuxeron diante do "estand" do seu grupo a estrutura e producións do PDI na súa aula mentres pais e nais escoitaban e observaban os distintos materiais.




Grazas ás familias polo seu interese demostrado na participación activa ao longo do curso e na numerosa asistencia á actividade de hoxe. E parabéns á rapazada do Couceiro . Traballo ben feito!!!
















martes, 19 de junio de 2018

PDI "O MAR" Departamento de Orientación.

Nas aulas de Pedagoxía Terapeútica e Audición e Linguaxe estiveron a traballar ao longo deste curso moito e moi ben aproveitando os recursos do noso proxecto. 

Premede na imaxe para acceder ao seu blog

A música, os xogos, os contos , as actividades de lecto escritura ou de razoamento aproveitaron a motivación do mar para acadar o gran obxectivo que é garantir unha igualdade efectiva de oportunidades e ofrecer os recursos necesarios para que o alumnado acade o maior desenvolvemento persoal e social posible.


Crebacabezas sen peza

LÓVA é un proxecto educativo que realizan titoras e titores na súa aula durante un curso escolar completo. Converten a súa clase nunha compañía de ópera que crea, desde cero, unha ópera ou breve peza de teatro musical. Os nenos e nenas da compañía organízanse en equipos profesionais. Escriben o libreto, deseñan a escenografía, compoñen a música, confeccionan o vestiario, realizan a campaña de prensa, recadan fondos, fabrican os decorados, crean a iluminación, etc. O obxectivo de LÓVA coincide plenamente cos obxectivos educativos da aula: desenvolvemento cognitivo, social e emocional de nenos e nenas.




Hoxe recibimos á compañia de ópera ANDADIÑAS que está formada por nenos e nenas de 6º curso de primaria do CEIP Piñeiros é que ao longo deste curso estivo traballando no proxecto LÓVA.

A súa ópera "Crebacabezas sen peza" fálanos da amizade e da imprtancia desta.
Para conquerir este produto final traballaron ao longo do curso, da ma da titora e da mestra de E. Musical, un total de 24 nenas e nenos.
Intérpretes, escritores, documentalistas, iluminadores, compositores, escenógrafos, relacións públicas, figuristas, rexidor e directora de produción, guiados polas súas mestras, conqueriron logo dun ano de traballo a integración das disciplinas curriculares no proxecto LÓVA ,e "Crebacabezas sen pezas" é o produto final.











Noraboa e moitas grazas por achegar o seu traballo ao noso centro!

Xornal escolar "Abrente"

Xa temos a nosa revista escolar nas mans, este ano, e xa van 38!, adicada ao Certame de Poesía convocado pola nosa biblioteca. Ollade as poesías finalistas.

Illa Fantasía

Cumpríronse as predicións meteorolóxicas e choveu pero, seguindo o dito de "a mal tempo boa cara", o alumnado que participaba no proxecto Illa Fantasía bailou a danza "Kumananá" despois de escoitar a carta que YouYouTu lles enviou.
Finalmente repartimos as variñas máxicas protectoras de soños e un pequeno agasallo para cada un dos alumnos e alumnas que participaron neste proxecto de fomento da lectura.
Todos estamos moi apenados por non poder rematar como estaba previsto en Gandarío, xunto cos outros centros participantes, pero agardamos que máis ca unha suspensión sexa un aprazamento ata setembro.

sábado, 9 de junio de 2018

Recomendacións lectoras





Premede nas imaxes para obter máis información dos libros. Tamén os podedes ver nos andeis de novidades da nosa biblioteca.








































Lembra visitar o "Xardín de Pasatempos" , poderás ver todos estes libros que Güino recomenda e outros maís recén chegados á nosa biblioteca.