jueves, 10 de febrero de 2011

Club de lectura



Comezamos a nosa andaina no presente curso no CLUB DE LECTURA organizado desde a nosa biblioteca. Vintetrés animosos e voluntariosos lectores e lectoras atrévense co último PREMIO MERLÍN 2010 A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS da escritora de O Grove TERESA GONZÁLEZ COSTA. Estos animosos lectores están xa a disfrutar das peripecias de SERAFINA que quere dedicarse a ser equilibrista con CELERÍFERA a súa bicicleta. O seu amigo MILO, e máis o vello ELÍAS, inventor e mecánico de bicicletas, terán que axudar á protagonista nunha proba de extrema dificultade... Para seguir o desenvolvemento do CLUB podedes pinchar AQUÍ.

viernes, 28 de enero de 2011

Novidades




Chégannos dúas novidades de OQO Editora. "O tren" para o SEGUNDO CICLO e "Tres han de ser" para o PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA. Dous albums ilustrados que están á vosa disposición nos andeis de NOVIDADES e moi pronto nas seccións correspondentes. Premede nas imaxes das portadas para ter máis información. DISFRUTÁDEOS!!!

miércoles, 26 de enero de 2011

O contacontos de Kalandraka

O pasado luns a nosa biblioteca "Xardín do Pasatempo", cheouse de nenos, contos novos e música!!
Os encargados foron os contacontos de editorial Kalandraka que viñeron para presentar aos nenos e nenas de Infantil os contos: "Un gran soño", "Unha parella diferente", "Un becho estraño", e "Os catro amigos".
Foi unha xornada fantástica na que todos desfrutamos moito coa animación de Patri e Alex.

Moitas grazas por presentarnos os vosos contos desta maneira tan divertida.


martes, 28 de diciembre de 2010

Bo Nadal!!!

Dende Bibliocouceiro "Xardín do Pasatempo" Güino e todos os seus colaboradores queremos desexárvos a todos un Bo Nadal e un ledo 2011!!!

E como agasaio especial Güino quere ensinarvos unha pequena mostra dos traballos de todos os nenos do cole para adornar o noso corredor, e unha recomendación de lecturas para o Nadal.




Felices festas!! Vémonos a volta!!

lunes, 6 de diciembre de 2010

As mochilas viaxan de novo!

O curso pasado dende a biblioteca comezou a actividade das "Mochilas viaxeiras", unhas mochilas repletas de material de lectura, musical e audivisual para que os nenos e nenas podan desfrutar na casa cos seus familiares.

A idea tivo unha estupenda acollida por todos os membros da comunidade educativa e por iso este curso repetimos.

E xa está en marcha o camiño das mochilas por as casas de todos os nenos do cole.
Esperamos que este curso tamén resulte tan interesante a proposta.


lunes, 22 de noviembre de 2010

Sr. Mundo, Dígame...?

A compañía de teatro FACTORÍA TEATRO representou no noso centro a obra "Sr. Mundo..." dentro do proxecto Edicións Tambre-Edelvives para a campaña de dinamización lingüística BOCABERTA. Xogando coa poesía, coa súa sonoridade e ritmo os actores transportáronnos pola natureza a través dos seus catro elementos: Terra, Aire, Auga e Lume. Os rapaces e rapazas do primeiro e segundo ciclos de primaria disfrutaron dun estupendo rato de teatro involucrándose permanentemente na representación.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Abracadabra... Conxuro á carta!!

Nestes días, aproveitando a celebración do Samaín, as clases e os corredores do colexio encheronse de conxuros e frases máxicas que logo recollimos nun panel que está a carón da Biblioteca.
Invitámosvos a achegarvos a velo e desfrutar da creatividade dos rapaces e rapazas do Couceiro.




(se queredes desfrutar dende a casa da nosa exposición a "pantalla completa" premede sobre a imaxe e seleccionade "full screen")

Os contacontos xa están de volta!!

Como todos sabedes o pasado curso comezou, coordinada polo equipo de dinamización lingüística, unha actividade de contacontos na que os rapaces e rapazas maiores do centro acudían as aulas de infantil e 1º de primaria para contarlles un conto unha vez por semana.
A idea foi todo un éxito, tanto para os espectadores como para os contadores, polo que este ano repetimos experiecia.

Aínda que xa levamos uns días de rodaxe, a pasada semana foi especial porque, como todos sabedes, celebramos o
Samaín así que as historias que se achegaron as aulas dos pequenos do cole foron de auténtico medo!!

miércoles, 3 de noviembre de 2010

As maletas viaxan

Co comezo do novo curso son varias as novidades que presenta a nosa biblioteca. Destacamos hoxe as MALETAS VIAXEIRAS. Preparánsose dezasete maletas con varios libros... moi, moi interesantes e atractivos , unha por clase, que viaxaron directamente desde a biblioteca ata cada unha das aulas para utilizar na HORA DE LER. Estas maletas rotarán entre as aulas de cada un dos catro ciclos e serán renovadas cada trimestre. Ánimo e BOAS LECTURAS...!!!

jueves, 20 de mayo de 2010

Encontro coa poesía


O venres 14 de maio vivimos no noso centro a FESTA DA POESÍA, rendindo unha homenaxe a UXÍO NOVONEYRA e celebrando a fase final do II CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL. Toda a comunidade educativa participou nun acto entrañable no que os verdadeiros protagonistas foron os neos/as co seu esforzo e a poesía.