Hai unha pequena exposición de libros de Rosalía De Castro. Podedes pasar a consultar o libro que precisedes.
Güino.
Hai unha pequena exposición de libros de Rosalía De Castro. Podedes pasar a consultar o libro que precisedes.
Güino.
O alumnado de 4º deixou na Radio Falangueira un postcad sobre a celebración do Día Internacional da muller e da nena na ciencia.
Neste día nas aulas rememoramos a importancia das mulleres e das nenas na ciencia. Deixo aquí un enlace moi interesante.
Güino.
Desde a biblioteca queremos compartir distintos documentos para que nas aulas poidades achegarvos máis á figura desta escritora e poeta galega, figura indispensable da literatura española. Atoparedes un documento para poder facer individualmente ou en equipo
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Manuel Curros Enríquez
O alumnado de 4ºA tamén visitaron a Radio Falangueira e grabaron un Podcast mostrando a súa preparación para o Día da Poesía.
Está interesante escoitalo!!
Güino.
Este curso xa comezou a súa andadura a Radio Falangueira.
Deixo aquí o enlace do Podcast sobre o Día Escolar da Paz e da Non Violencia que grabaron o alumnado de 4º B EP.
Güino
O vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da PAZ e da NON Violencia. Durante esta semana no noso "Xardín do Pasatempo" temos unha exposición de libros sobre a PAZ e a NON Violencia. Tamén colaboramos na actividade proposta polo centro e fixemos o mural titulado "Unid@s somos mais fortes".
O alumnado do segundo ciclo segue traballando as mulleres científicas. Elaboraron unha reseña biográfica de Margarita Salas. Pincha no debuxo e pódese ver o enlace.
Güino.
Neste trimestre, os menos e as nenas de terceiro e cuarto, estivemos investigando sobre a ELECTRICIDADE. Primeira investigamos e logo puxemos en práctica o aprendido. Fixemos unhas postais que levan luz, logo os levaremos ao Mercadillo Navideño do cole. Deixamos aquí un pequeno vídeo do que fixemos.
O alumnado de terceiro e cuarto recibiron no colexio aos monitores que levan as actividades das Fragas do Eume. Primero ensináronnos un vídeo con máis información sobre a flora e a fauna do entorno das Fragas. Despois propuxéronnos unha actividade con material de reciclaxe (cartóns, tapóns…). Rematamos disfrutando de bonequiños que bailan e non se caen.