miércoles, 2 de octubre de 2024

COMEZOU A RECREOTECA

 Xa estamos en outubro e, como todos os curso, Bibliocouceiro abre as súas portas para todo o alumnado durante o tempo do recreo. Podedes vir visitala. 

Hai nenos e nenas que xa estiveron por alí. Algunhas lendo contos divertidísimos.









Tamén na RECREOTECA











Outros fedellando con distintos xogos.











Vide pronto!!! Bicos.

lunes, 16 de septiembre de 2024

INICIAMOS UN NOVO PROXECTO NESTE CURSO 24/25

 Benvidos e benvidas de novo Couceiristas

Despois de pasados os primeiros días de cole, anímovos a iniciar un novo proxecto neste curso cheo de aventuras, xogos, aprendizaxes e ... CIENCIA!!

Dende o XARDÍN DO PASATEMPO deixovos información sobre o PDI "Mergúllate na ciencia" aquí.


Vémonos axiña.

Bicos
GÜINO

sábado, 8 de junio de 2024

Exposición PDI

Estamos a piques de terminar outro curso. Despois duns meses cargados de traballo, queremos compartir con toda a comunidade educativa do noso centro os produtos das actividades realizadas nas aulas ao desenvolver o noso Proxecto Documental deste ano, que como sabedes virou ao redor dos Xogos Olímpicos. Esperámosvos nos nosos corredores.

Güino preparounos unha bonita invitación.

Vémonos!






viernes, 7 de junio de 2024

novidades mes de xuño

 dia do medio ambiente

miércoles, 5 de junio de 2024

sábado, 1 de junio de 2024

OBRADOIRO FAMILIAS

Vos propoñemos un obradoiro de animación á lectura de 90 minutos de duración, o venres 7 de xuño ás 17:00 horas, da man de Damián Alonso, actor de dobraxe e teatro, monogolista e contacontos, voz en Off e narración, formador Radio-Podcast, formador de teatro ...

Un obradoiro un chisquiño teórico, totalmente práctico e moi, moi pero que moi participativo.

Os obxectivos deste obradoiro son.

  •  Dar aos participantes as ferramentas necesarias para poder enfrontarse a calquera texto ou narración.
  • Aprender a usar o noso corpo para apoiar a historia.
  • Aprender a contar! A convertir calquera texto nunha historia marabillosa.





jueves, 16 de mayo de 2024

viernes, 3 de mayo de 2024

Lectura e familias mes de maio

 



Durante este mes, as nosas recomendacións xirarán sobre a CONVIVENCIA , con varios libros que vos poidan servir para seguir reforzando e traballando este contido dende o seo familiar. 


Coa colaboración familia- escola,  desenvolveremos nos nosos nenos e nenas a capacidade de relacionarse coas demáis persoa a través da comunicación permanente, basadada no afecto e na tolerancia que permiten convivir e compartir en armonía en diferentes situacións da vida.




jueves, 2 de mayo de 2024

NOVIDADES MES DE MAIO

Este mes presentamos dous novos libros que acaban de chegar á nosa biblioteca. Ambos os dous están relacionados co acoso escolar xa que este 2 de maio conmemórase o día internacional fronte ao acoso escolar e que esperemos que poidan axudar tanto ás familias como ao profesorado a abordar este tema cos nosos nenos e nenas.
  

O primeiro deles: "UN ZORRO EN MI ESCUELA" escrito por Oliver Dupín da editorial Juventud. 
Un libro escrito entre un pai e unha filla que narra a historia dun neno que ve ao lonxe un raposo xogando con outros nenos. Aínda que lle parece extrano, non se atreve a falar diso, xa que ninguén máis parece darse conta. Un día, ese raposo fálalle e búrlase del. A medida que pasan os días, o raposo transformase nun lobo e logo nun tigre. Empúrrao, quítalle as cousas,... o medo vai invadindoa súa vida cotiá.
É unha historia para falar do acoso escolar cos máis pequenos, cunha mensaxe clara e contundente:

  A ÚNICA MANEIRA DE PARARLLE OS PÉS AO ACOSO É ROMPENDO O SILENZO.




O segundo libro que presentamos céntrase na mesma temática pero está pensado para nenos e nenas un pouco máis maiores, para o terceiro ciclo de educación primaria. Titílase "SILENCIO" escrito por Fernando Llor da editorial Inuuk.

Un historia sobre o Bullying contada dende dous ángulos: dende o punto de vista da víctima e dendo o punto de vista da acosadora.

Por un lado Julia quere formar parte do equipo e ter amigas, un grupo que a  apoie. Pero cando Marina, a capitá do equipo, fai trampas nunha competición para conseguir a victoria, sabe que non pode calar, iso non está ben. Despois de contarllo á entrenadora e que todos saiban o que pasou, Julia deixa de ser Julia para converterse nunha traidora e chivata.

Por outro lado, Marina solo quere gañar, demostrar a todo o mundo que ela é a mellor. O equipo é a súa vida e aproveitarse de cada pequeno erro do xogo para conseguir a victoria non é o  mesmo que facer trampas, iso sábeo todo o mundo... menos Julia que fai que todo salte polos aires. A ollos da entrenadora, Marina é unha mentirosa e dun día para outro perde todo. Ten claro que non pode facer como si non pasase nada: Julia debe pagar polos seus actos.





LEMBRADE: A SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS QUE SE NOS PRESENTEN NON É MEDIANTE A VIOLENCIA, AS COUSAS SOLUCIÓNANSE FALANDO, DIALOGANDO E CHEGANDO A CONSENSO. TEMOS QUE POÑERNOS NA PEL DOS OUTROS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PARA PODER ENTENDELOS MELLOR.
 

DIÁLOGO, EMPATÍA, AXUDA...