sábado, 8 de abril de 2017

DÍA DO TEATRO E CONVOCATORIA DO IX CERTAME " COUCEIRO FREIJOMIL"

Durante o pasado mes de marzo houbo dúas datas sinaladas para a cultura e  para o idioma. O 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, e o 27 celebrouse  o Día  Mundial do Teatro.

Dende a biblioteca o pasado ano organizouse o Día da Poesía. Lembrades a Manuel Mª? Recordades que fomos polas rúas recitando os seus versos?

Este curso , ao ser Carlos Casares o autor ao que se lle adican As Letras Galegas, decidimos festexar o Día do Teatro, pois Casares escribiu para nós máis teatro que poesía .

O alumnado de 1º, 4º e 5º de primaria estiveron moi atarefados,  prepararon  tres  pezas teatrais.

Comezamos cos de 5º pois representaron  unha obra de Carlos Casares “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”









Os máis pequenos de primaria contáronos como con se fai “A mellor sopa do mundo”. 

Co seu traballo, amósannos o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade.











Para rematar coas obras teatrais o alumnado de 4ºA preparou “A estatua”. Fálannos dunha escultura moi peculiar que vive dentro dun xardín por onde pasea moita xente.





                                     


























Moitas grazas ao noso público, tan entusiasta como respectuoso.

Güino aproveitou que estabamos familias, mestres e mestras e alumnado para a
convocatoria do IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil"

Botádelle un ollo á súa mensaxe!!

Felices vacacións !!!        

viernes, 7 de abril de 2017

SAÍDAS DIDÁCTICAS POLA FRAGA DO EUME

Dentro do proxecto que estamos a desenvolver no colexio, o alumnado de 3º e 6º de Primaria, aproveitando o bo tempo desta semana, fixeron as súas saídas didácticas pola Fraga do Eume.


O luns, nenas e nenos de terceiro, que están a investigar sobre os animais invertebrados do noso bosque autóctono, achegáronse ao Portal das Fragas en Ombre, Pontedeume. Alí despois de ver un video explicativo sobre a flora e a fauna, partiron cara a Alameda onde comezou a súa ruta de sendeirismo: Cruzaron a ponte colgante e internáronse no bosque onde atoparon curripas e aprenderon a identificar pegadas e outros rastros de animais. Ademais aprenderon a identificar árbores.











O xoves, o alumnado de sexto, tamén visitou a Fraga do Eume. Eles entraron polo Concello da Capela. Tiñan uns obxectivos diferentes. Están a estudar a orografía e concellos do Parque Natural e a explotación das augas.


Visitaron os Muiños do Sesín, afluente do Eume. Onde Secundino, que foi moitos anos mestre do colexio da Capela, contoulles como se aproveitaba tradicionalmente a forza das augas para realizar diferentes tarefas.
Tamén fixeron unha ruta , con  vistas aos diferentes concellos do parque,  para observar a orografía das fragas. Foilles comentando todo o que vían ao seu paso, un guía das Fragas.



















O noso agradecemento coma sempre aos traballadores do Parque e nesta saída grazas, especialmente  a Secundino, pola guía e polo seu labor de recuperación e conservación.

sábado, 1 de abril de 2017

Día do Teatro

O vindeiro venres 7 de abril festexamos no noso colexio o Día do Teatro facéndoo coincidir co Fin de Trimestre.
Representaranse tres pezas teatrais:

  • A mellor sopa do mundo (1º B)
  • A estatua (4º A)
  • As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (5ªA)




Dende o noso centro, de sempre defendemos o amplo valor educativo que pode xerar a actividade teatral: maduración personal, compañerismo, desinhibición, mellora na comprensión lectora, expresión oral, dicción, etc

Hoxe, temos que lembrar a Mateo González, recentemente falecido,ex alumno do centro.

Iniciouse  no teatro escolar,no noso cole e  no grupo Arjé Teatro do  Instituto Breamo, para logo de formarse na Escola de Teatro de Narón, facer da escena a súa profesión, no teatro, na TV e no cine.

As nosas condolencias para a súa familia.



lunes, 27 de marzo de 2017

Visitamos a Biblioteca Municipal

Un curso máis Alejandro, o bibliotecario, convidou á rapazada do cole a unha interesante actividade de Animación á Lectura.
 Nenas e nenos, dende catro anos ata cuarto de primaria, visitaron a Biblioteca Municipal, acompañados dos seus mestres.
Alí, o bibliotecario explicoulles o funcionamento da biblioteca, ao tempo que os invitaba a visitala fóra do horario escolar. Logo, visualizando un conto, animábaos a ler o libro físico. Estos, como todos os da biblio, en préstamo na biblioteca do Concello para todos aqueles que teñan ou fagan o carné.
Todos voltaron ledos logo de coñecer un chisco máis a Biblioteca Municipal, a Alejandro e á mascota da B.M. o SEREO.

Güino debeu falar co Sereo, pois  aquí vos deixa unhas fotos da actividade e os videos dos contos que nos presentaron.
Ollade no marcapáxinas co que vos agasallaron o horario, e tod@s a visitar a BIBLIOTECA MUNICIPAL!!!













martes, 21 de marzo de 2017

Ola poesía, benvida primavera!!!


HOXE O MUNDO  É POESÍA
porque xa, hoxe, inconsciente, doce e alegre,
chegou a Primavera.

(Elena Urraca Villalva Quintana )


Para celebrar a chegada da primavera, como cada ano, o noso moble dos libros especiais encheuse de poesía.


Libros que se achegan ás aulas para llenar de música, de ecos, de rimas  e sentimentos a "Hora de Ler".
Poesía que se vai filtrando no maxín do noso alumnado e que froitifica nas súas marabillosas creacións lidas no noso "Certame de Poesía" o Día das Letras Galegas.
Este ano,no centenario do seu nacemento, gardade un tempo especial para a poesía de GLORIA FUERTES.




 A escritora madrileña, que  destacou pola súa produción poética infantil e xuvenil, achega unha mirada pedagóxica e feminista á literatura.


 Na nosa biblioteca tedes varios libros.
































 Ollade esta montaxe para ter máis información.

Presentación "As cousas que importan"

O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria estiveron a traballar nas súas aulas co libro do "Primo Ramón" "As cousas que importan".

Mañá vén "El Primo Ramón" á nosa biblioteca. É un autor especial, mirade!




Ollade o cartaz que nos deixa Güino!



Xa chegou o día, xa  sabemos quen é  "El primo Ramón". Son Borja e María. Pasaron con nós a mañá e contáronos o proceso de escritura e ilustración de " As cousas que importan". Tamén fixemos nós de guionistas e de debuxantes. Ao final asinaron os exemplares do seu libro.





miércoles, 15 de marzo de 2017

Conservación do noso medio: Biodiversidade e Reciclaxe

Mentres o Proxecto continúa a súa andaina polas aulas do noso cole, tamén expertos da nosa contorna visítannos para contribuir á nosa formación e á boa marcha do noso labor.

Onte, alumnado de 1º de Bacharelato acompañados por Irene, a  súa mestra de Bioloxía, alertounos sobre a destrución dos hábitats naturais, debido a diferentes construcións como as estradas, pistas...; á invasión de especies foráneas, como os eucaliptos nos nosos bosques autóctonos; e o perigo de extinción dalgunhas especies.
Dinamizaron esta actividade ante o alumnado de sexto con gran entusiasmo, vestidos para a ocasión. Como final da xornada elaboraron, entre grandes e pequenos, murais que recollen o aprendido grazas a esta colaboración do IES "Fraga do Eume"










Carlos, o biólogo do Parque Natural,visitou onte a nosa   biblioteca. Convidado polo alumnado de 1º e 2º de primaria que está a estudar a flora da Fraga do Eume e polos nenos e nenas de 6º de Infantil que aínda que están a pescudar nas Lendas do Eume teñen moito interese en todo canto se refire ao noso bosque. Deu dúas charlas onde o alumnado guiou a actividade coas súas dúbidas, cos seus intereses, coas súas preguntas.







Hoxe foi Pedro, o experto en reciclaxe e reutilización da empresa que trata os residuos do Punto Limpo Municipal, o que veu a estar co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Concienciounos da importancia da reutilización e dunha boa separación de residuos para a súa reciclaxe. A importancia vital para o medio ambiente da nosa colaboración co tratamento de residuos.
Deixounos ademais información para as familias e colectores para o noso cole.



MOITAS GRAZAS A TODOS!

lunes, 13 de marzo de 2017

Sendeirismo polas fragas

Unha das ventaxas de vivir na nosa vila é que estamos ás portas dun Parque Natural tan marabilloso como o das Fragas do Eume.
O alumnado de 4º de Primaria que está a realizar unha investigación sobre os animais vertebrados da fraga foi,aproveitando o bo tempo da semana pasada, a pescudar no parque.
 Alí recibiunos un guía,Carlos, que é biólogo. Ademais de darlles a información que precisaban, acompañounos polos sendeiros que percorren a fraga a carón do río. Mentres, lles comentaba os carreiros polos que baixaban os corzos e os xabaríns ;as pegadas nas cascas das árbores, nos musgos, no chan,; os escrementos que deixaban os diferentes animais,etc.
Ollade que mañá tan productiva e divertida pasaron!



Agora que xa están a rematar coa fase de recollida de información comezan a elaborar murais e ata un libro que reflicta o traballo feito.
Seguro que aprenderemos moito sobre as aves, mamíferos, répiles, anfibios e peixes, grazas a os de cuarto!

PDI "As Fragas do Eume", actividades interactivas.

Lembrades o conto tan bonito que inventaron nas aulas de primeiro e segundo de primaria a comezos deste trimestre?

Si, aquel que no que CARBALLÓN nos falaba da fraga do Eume e do PAXARO DA PAZ. Aquel para o que os máis pequenos de Primaria fixeron uns debuxos ben bonitos. Aquel que  contaron no kamishibai coa axuda dos nenos e nenas de sexto na Semana da Paz
 O seu título é ..."A paz chegou ás Fragas do Eume".

Pois agora temos unhas actividades LIM e con elas lembraremos o conto ao tempo que nos decatamos de canto aprendimos grazas ás profes e ao alumnado de 1º e 2º.

Premede na imaxe!



Traballo ben feito, moitas grazas✌!!!


domingo, 5 de marzo de 2017

Entroido na escola

Este curso o Carnaval do cole centrouse nas Fragas do Eume pois o PDI dabanos moito xogo tamén para esta festa.
A flora, a fauna, as xentes da fraga, todos estiveron representados no noso Antroido, invadiron as rúas da vila e encheron o Pavillón Municipal coas súas cantigas e a súa alegría.

Os peixiños de Infantil cantáronlle ao Eume, o alumnado de Primaria aos animais, aos fentos,aos carballos, ao aire puro,ao turismo sostible do Parque Natural,...

Ollade que cantigas tan elaboradas e mirade nos videos o pasarrúas, as actuacións das comparsas e ata a Queima do Antroido como Fin de Festa.