viernes, 21 de febrero de 2014

Pois imos contar un conto!!

O pasado xoves, 19 de Febreiro, a nosa biblio encheuse de vida, de risas, de música...

Todo grazas a visita de Patri e Alex, os contacontos de editorial Kalandraka, que convidaron aos alumnos de 4 e 5 anos a escoitar varias historias da súa "fabrica de contos".

Algúns títulos xa os coñeciamos e outros eran totalmente novos para os nenos pero todos soaron de maneira diferente porque os animaron con cancións moi divertidas das que todos puidemos participar.

Mamá; Con P de Papá; Boas noites, bufo; Onde viven os monstros... foron os contos que Patri e Alex seleccionaron para nós, e que foron todo un éxito!!


lunes, 3 de febrero de 2014

Día da Paz e a non Violencia


O pasado 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos no noso centro o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA. 

Os actos comenzaron sobre as dez da mañán coa representación, para o alumnado de primaria, da obra teatral  A SÚA VIDA a cargo da compañía teatral LEDA PRODUCIÓNS. 

Posteriormente, xa todos xuntos (infantil e primaria), escoitamos o MANIFESTO DA PAZ elaborado polo alumnado de sexto e a canción de POCAHONTAS coa  frauta e tod@s bailamos unha canción africana adicada a NELSON MANDELA... como punto e final das celebracións para esta data, realizamos a xa tradicional solta de POMBAS DA PAZ. 

Mágoa de mal tempo que impediu participar nestes actos  ás familias que nos acompañaron sempre nestes últimos anos.


lunes, 27 de enero de 2014

Club de Lectura

Hoxe comezamos a nosa actividade no CLUB DE LECTURA. Este trimestre vai estar dedicado ao escritor EUMÉS  ANTONIO MANUEL FRAGA, que foi PREMIO MERLÍN   no ano 2013 polo seu libro O CASTAÑERIO DE ABRIL. 

Contamos con máis de oitenta lectores e lectoras voluntarios para participar nos comentarios, nas opinións, nas lecturas, nas emocións... de dous libros de Antonio Manuel.  

Por un lado XILDAS da editorial SUSHI BOOKS, libro inspirado nas vivencias de Antonio en Pontedeume e as FRAGAS DO EUME e no que o verdadeiro protagonista é o trasno XILDAS,... e por outro lado O CASTAÑEIRO DE ABRIL de Edicións  XERAIS, libro premiado como comentamos anteirormente. Concretamos os grupos, retocamos horarios  e,... xa está en marcha o CLUB DE LECTURA. 

A gozar lendo!!!

Para máis información ou participar no CLUB premede nunha das dúas portadas dos libros...

 CLUB DE LECTURA






lunes, 16 de diciembre de 2013

Güino recomenda este Nadal...

O primeiro trimestre está a piques de rematar, e dende Bibliocouceiro desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.

Neste tempo de lecer de seguro atoparedes ratiños para estar en familia, xogar, descansar... e tamén para ler.

Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas para que podades gozar con elas.

Esperemos que vos gusten moito.

Se queredes máis información sobre os libros e contos podedes consultar as webs das distintas editoriais ou visitar a exposición que está na entrada do cole.

Bo Nadal e boas lecturas.

Vémonos no 2014!!!

martes, 10 de diciembre de 2013

Nelson Mandela



Hoxe, 10 de decembro, conmemórase en todo o mundo o DÍA  DOS DEREITOS HUMANOS. 

Este ano coincide esta data coa despedida, que se celebra en SUDÁFRICA, a NELSON MANDELA. 


O seu corazón apagouse pero o seu legado e eterno sorriso quedarán connosco para sempre.








Madiba, como se lle coñecía cariñosamente loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas e, aínda que estivo preto de 30 anos no cárcere polas súas ideas, convertiuse  nun símbolo mundial da liberdade e da tolerancia.

Grazas ás bibliotecas do CEIP A MAÍA de Ames e a "Chispa" do CEIP DE PAZOS por compartir uns estupendos materiais.



martes, 26 de noviembre de 2013

Acuario



O pasado venres,22 de novembro, María Canosa presentou o seu poemario dramatizado  "ACUARIO". 
Ao acto que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume,  asistiu o alumnado do PRIMEIRO CICLO do noso centro. 
Pasárono en grande cos diferentes persoeiros dos fondos mariños que foron desfilando polo escenario. Na representación participaron, a propia María Canosa e o grupo de teatro dos Ghazafellos.
Os peixes, como habitantes do mar; troitas,  sollas, polbos,robalizas, ...; tiveron o seu protagonismo.

Entre todas as especies hai un fío condutor, que é vivir no seu medio e interactuar cos elementos que se atopan de distinto xeito dende a area ata un barco pirata que hai afundido, ao mesmo tempo que tamén se van vendo as súas diferentes personalidades.
Parabéns  pola representación, a organización,... e a mensaxe!!!


miércoles, 6 de noviembre de 2013

Xa está aquí....Astérix e os Pictos!!!

Efectivamente, xa chegou aos andeis da nosa biblioteca unha nova aventura de ASTÉRIX...Despois de cincuenta e catro anos chega o tomo número 35 (décimo publicado en galego) e toman o relevo un novo escritor, Jean-Ives FERRI e un novo debuxante, Didier CONRAD que sustituen a  Albert UDERZO que traballou en solitario ata o álbum conmemorativo dos 50 anos desde o falecemento (1977) do guionista e escritor   René GOSCINNY.  Gozade coas aventuras de ASTÉRIX o heroe destas aventuras, con  OBÉLIX o seu inseparable amigo e de profesión repartidor de menhires...e, non está gordo, non...!!!



Os Pictos? Así é, os Pictos! Estes pobos da antiga Escocia, valentes guerreiros de varios clans, cuxo nome, adxudicado polos romanos, significa literalmente "os homes pintados".





martes, 5 de noviembre de 2013

Celebramos o Samaín 2013!!

Este ano, como xa ven sendo tradición, o noso cole encheuse de cabazas, morcegos, pantasmas... e demáis seres terroríficos para celebrar a festa do Samaín.

Dende Bibliocouceiro preparamos unha exposición de contos e libros de medo, de xeito que todos puidemos desfrutar durante uns días dunha selección de historias do máis terroríficas enchendo o corredor principal.


Pero non é a única literatura coa que gozamos nestes días, xa que dende o equipo de dinamización da lingua galega, celebrouse un concurso de "Mini-contos de medo".
Os grandes escritores do Couceiro deixaron a todos sorprendidos co seu talento a hora de por a pel de galiña!!
Animámosvos a visitar a exposición cos mellores relatos!!


domingo, 3 de noviembre de 2013

Un curso máis as mochilas volven viaxar


Aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS, as MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a viaxar  cara as casas do alumnado de INFANTIL  e PRIMARIA. 
Unha mochila para cada unha das aulas destes niveis e, dentro, moita ilusión e fantasía. Cheas  de libros, Cds, Dvds ... 
Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno. 
Lembrade, unha folla do caderno por nen@. 
As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves. 

Ánimo e a disfrutar LENDO!!!

sábado, 2 de noviembre de 2013

Miguelanxo Prado

Hoxe traemos á nosa páxina a MIGUELANXO PRADO a quen acaban de concedérlle o PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013. Miguelanxo (A Coruña 1958) gañou este prestixioso premio pola súa obra ARDALÉN. Foron tres anos de intenso traballo e o MINISTERIO DE CULTURA recoñece o labor,  deste ilustrador e autor de banda deseñada,  a través da memoria.



 "Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha
parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo."


http://revistaoink.com/E esta fantástica noticia coincide co nacemento dunha nova revista de BANDA DESEÑADA. É OINK!  a revista do XABARÍN CLUB que xa tedes á vosa disposición no revisteiro da biblioteca. Nesta revista colaboran o propio MIGUELANXO PRADO, KIKO DA SILVA, JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO (que estivo no CLUB DE LECTURA o curso pasado co seu libro  MIL COUSAS PODEN PASAR) e moitísimos máis, o mellorciño da BANDA DESEÑADA galega. Parabéns a MIGUELANXO!!!