Aquí deixamos o mandadiño para o vindeiro luns.
viernes, 21 de febrero de 2025
jueves, 20 de febrero de 2025
LENDA ROXIN ROSAL
O alumnado de 4º A traballaron unha lenda, titulada Roxin Rosal. Gravaron o seu traballo na Radio Falangueira e tamén fixeron uns debuxos moi chulos. Podedes velo pinchando no debuxo.
ROSALÍA DE CASTRO EN GREGO
O alumnado de 5ºA gravou un postcad na Radio Falangueira dun poema moi coñecido de Rosalía De Castro en grego. Podedes velo pinchando na foto de Rosalía.
ROSALÍA DE CASTRO. PARECE UNHA ROSA.
O alumnado de 3ºA tamén gravou un postcad coa poesía PARECE UNHA ROSA. Podedes escoitalo pinchando na foto da maceta que pintamos con dous versos deste poema.
miércoles, 12 de febrero de 2025
EXPOSICIÓN DE LIBROS DE ROSALÍA DE CASTRO
Hai unha pequena exposición de libros de Rosalía De Castro. Podedes pasar a consultar o libro que precisedes.
Güino.
POSTCAD DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
O alumnado de 4º deixou na Radio Falangueira un postcad sobre a celebración do Día Internacional da muller e da nena na ciencia.
martes, 11 de febrero de 2025
11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Neste día nas aulas rememoramos a importancia das mulleres e das nenas na ciencia. Deixo aquí un enlace moi interesante.
Güino.
martes, 4 de febrero de 2025
23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO
Desde a biblioteca queremos compartir distintos documentos para que nas aulas poidades achegarvos máis á figura desta escritora e poeta galega, figura indispensable da literatura española. Atoparedes un documento para poder facer individualmente ou en equipo
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Manuel Curros Enríquez
lunes, 3 de febrero de 2025
ESTIVERON NA RADIO FALANGUEIRA TAMÉN...
O alumnado de 4ºA tamén visitaron a Radio Falangueira e grabaron un Podcast mostrando a súa preparación para o Día da Poesía.
Está interesante escoitalo!!
Güino.