Historia da expedición
O mundo non volveu ser o mesmo despois desta expedición. Douscentos trinta e nove homes e cinco naves partiron de Sevilla en 1519 en busca dun roteiro polo oeste cara á Especiería. Tres anos despois, regresaron dezaoito homes e unha nave, despois de dar a volta ao mundo.
Hai 500 anos, Fernando de Magallanes, militar, explorador e mariño portugués, chamado no seu país Hernando de Magallanes, tras avituallarse en Sevilla para unha longa viaxe que durou tres anos, partiu desde Sanlúcar de Barrameda rumbo ás Indias Orientais.
Nunca imaxinou, seguro, o que esta iniciativa supoñería para a Historia. Tampouco o mariño vasco Juan Sebastián Elcano, que liderou a expedición tras a morte de Magallanes, conseguindo completar a primeira circunnavegación ou volta ao mundo por mar.
Fixeron falta cinco naves para dar a volta ao mundo
O Rei, Carlos I puxo cinco naves ao dispor de Fernando de Magallanes . Catro eran naves de mediano tamaño, deseñadas para cargar mercadorías. A quinta, a Santiago, era unha nave máis pequena e lixeira, destinada a tarefas de exploración. Só unha conseguiu dar a volta ao mundo. Se non fosen cinco, a fazaña non se houbera acadado.
O valor das especias que trouxeron foi tal, que serviu para pagar os gastos da expedición sufragados polo Rei e, mesmo, xerar beneficios, pois non só condimentaban alimentos, tamén se utilizaban para elaborar perfumes e tiñan aplicacións medicinais e usos afrodisíacos e sagrados. Chamábanas ‘o ouro de India’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario