Coma todos os anos, celebrouse no noso centro a tradicional festa dos maios. Este ano foi o día 30 de abril, data na que coa colaboración de toda a comunidade educativa, realizáronse catro maios, un por cada ciclo. As familias aportaron verde (fiuncho, hedra, xestas e mirto entre outras) e flores de todo tipo. A actividade nos días 29 e 30 de abril foi frenética en todo a centro co fin de ter a punto os maios para o desfile. O resultado foron catro preciosos maios adornados coas laranxas bravas correspondentes. Chegadas as 12 horas comezou un vistoso desfile acompañado de cantigas dos maios polo amplo corredor do colexio (lástima do tempo que nos impediu sair ao exterior).
O día 1 , un amplo grupo de alumnos e varios profesores, quedamos ás catro e media no centro para retocar os maios e participar no certame convocado polo concello. O resultado foi espectacular, pois o segundo ciclo acadou o primeiro premio e o terceiro ciclo o terceiro . Na consecución destes premios tivo moito que ver a interpretación das cantigas, fermosas poesías dedicadas aos maios de Pontedeume realizadas polo alumnado nas súas clases. A festa rematou cunha tremenda merenda no colexio con todos os participantes . Pasámolo xenial. Noraboa a todos.
2 comentarios:
Grazas por esta entrada tan marabillosa.
Eu aínda me lembro de cando ha facia.
Saúdos
Que festa máis bonita!! O pasamos xenial. Eses días son marabillosos e alucinantes.
Miotos bicoss.
Sara.
Publicar un comentario