lunes, 21 de noviembre de 2011

Os contos de medo do Samaín 2011

Como prometemos hai uns días, as nosas terroríficas produccións xa están listas así que aquí tedes os nosos "Contos de Medo"....
Contosmedo11
View more documents from ana alvarez

Que vos parecen?? Seguro que deixarónvos cos pelos de punta!!!
Parabéns a tod@s os artistas do Couceiro!!

miércoles, 9 de noviembre de 2011

As mochilas viaxeiras volven a viaxar...

Un curso máis as MOCHILAS volven viaxar ás casas dos nenos e nenas do couceiro. Durante os pasados días os membros do EQUIPO DE BIBLIOTECA traballaron arreo para ter listas, o máis axiña posible, as mochilas. todas van cheas de libros, pelis, música,... para encher o tempo de lecer coas vosas familias. Desde a biblioteca GÜINO desexa que teñades un curso cheo de boas lecturas...

sábado, 5 de noviembre de 2011

Un Samaín de medooo

As actividades da biblioteca xa están en marcha, e estreamos o curso 2011/12 cunha exposición terrorífica de contos e libros de medo, con motivo da celebración do Samaín.
A decoración do noso corredor tenebroso é por conta do alumnado de 5º e 6º do cole, que fixeron estas arañas tan simpáticas e os alumnos de Infantil e as súas familias que traballaron do lindo para facer estas fantásticas cabazas!!



E para seguir traballando, Güíno propúxonos inventar un conto de medo por clase. Todas as produccións están xa na "imprenta" e pronto poderedes desfrutalas.
Para que vaiades abrindo boca só podemos decirvos que terminaredes cos pelos de punta!!

martes, 28 de junio de 2011

Bo Verán!!

Güino e os seus colaboradores desexamos que pasades un verán fantástico, con tempo para xogar, descansar, ir a praia... e tamén para pasar un bo rato desfrutando dunha gran aventura a través dos libros.
Por iso preparamos para vós con moito cariño está selección de libros e contos que recomendámos dende Xardín do Pasatempo:
Esperamos que desfrutedes!!
Vémonos en Setembro!!
Bo verán!!

miércoles, 1 de junio de 2011

A insoportable levedade das bibliotecas escolares...

"Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?"
Con esta publicación no noso blog, o equipo de biblioteca do CEIP COUCEIRO FREIJOMIL, faise eco do malestar que os centros que formamos parte do PLAMBE estamos a sentir ante as novas medidas previstas pola Consellería, medidas que ningunean o noso esforzo xa de por si insuficientemente recoñecido dende as autoridades educativas.
Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

domingo, 29 de mayo de 2011

O segredo dos libros

O alumnado de 5º B do centro elaborou este cómic usando as novas tecnoloxías. Propúxose ao alumnado a idea e..., mans á obra. Primeiro foi o guión, logo cámara fotográfica en man e a disparar,... despois veu a montaxe das fotos e a escritura nos globos. E o resultado foi este,... Imprimíronse varios exemplares para a aula e deixamos copia na biblioteca para que o resto do alumnado poida disfrutar coa súa lectura e visionado das imaxes. Colaboraron o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o EQUIPO DE BIBLIOTECA. Grazas a todos os alumnos e alumnas que colaboraron de xeito entusiasta e parabéns polo traballo ben feito.

jueves, 5 de mayo de 2011

Maios 2011



Aquí tedes as cantigas e poemas preparados para tan florida ocasión. Esperamos que os desfrutedes tanto coma nós.

lunes, 2 de mayo de 2011

Lecturas compartidas



A verdade que nunca nos esquecemos deles, forman parte da identidade do noso centro. Pero esta era unha ocasión especial. A alguén do equipo da biblioteca ocurríuselle un día... por que non invitamos "AOS NOSOS QUERIDOS XUBILADOS" que veñan coñecer a nosa nova biblioteca e de paso contarlles un conto, unha historia aos nenos e nenas? e dito e feito, puxémonos en contacto E... XA ESTÁ!!! Buscamos unha data.... DÍA DO LIBRO... 23 DE ABRIL e... de novo bicos, apertas, emocións...e o alumnado a disfrutar cos contos, coas historias,...rindo, emocionándose... e sobre todo cariño, moito cariño por parte dos nosos MAESTROS!!! Grazas a Ánxeles, a Conchita, a Esperanza, a Antonio, a Isabel,...e ata moi pronto!!!















martes, 26 de abril de 2011

Encontro con Iago

O alumnado do PRIMEIRO CICLO de primaria disfrutou na biblioteca dunha sesión de contacontos a cargo de IAGO LÓPEZ SANTOS. Os rapaces e rapazas pasaron un rato fantástico escoitando o relato de Iago e participando coas suxestións que ía introducindo. Grazas Iago polo teu entusiasmo e bo facer.



lunes, 25 de abril de 2011

Fiz







Xa está no revisteiro da nosa biblioteca o Nº 1 de FIZ , a revista do neno máis porco do mundo. Trátase dunha revista bimensual dirixida polo ilustrador galego KIKO DA SILVA na que participan un montón de especialistas en banda deseñada. Esperemos que vos guste. Xa nos comentaredes!!!