Como agradecemento ao traballo realizado durante o curso, o alumnado de 5ºA de EP recibiu un diploma de recoñecemento como os mellores axudantes. Tamén recibiron un lápiz de colaboradores da BE.
Güino.
Como agradecemento ao traballo realizado durante o curso, o alumnado de 5ºA de EP recibiu un diploma de recoñecemento como os mellores axudantes. Tamén recibiron un lápiz de colaboradores da BE.
Güino.
Deixo aquí as recomendacións de lectura para este verán. Espero que vos gusten!!
Xa estamos preparando o produto final do PDI traballado este curso, "Mergúllate na Ciencia". Deixamos aquí a invitación a toda a Comunidade Educativa para poder pasar a ver o traballo do alumnado neste acto llamado MERGULLACIENCIA FEST.
Güino
O alumnado de 4º EP estiveron lendo "ÁNXELA E SPENCER" e hoxe recibiron ao seu autor no "Xardín do Pasatempo". Foi moi interesante o que Carlos Meixide estivo contando sobre o seu libro.
Anteriormente os nenos e as nenas de 4º traballaron o vocabulario, o resumo ... Deixamos aquí un enlace do blog.
Hoxe, Día das Letras Galegas, adíacase ás CANTAREIRAS e á poesía popular oral.
Deixo aquí un enlace á proposta da Real Academia Galega, chamada PRIMAVERA DAS LETRAS
Güino.Estas semanas no noso centro disfrutaremos de actividades para celebrar as Letras Galegas.
Visita de cantareiras de Pontedeume, ORBALLO.
Como o Día do Libro este curso coincidiu coas Eumeolimpiadas, tivemos que trasladar a actividade do apadriñamento lector ao mes de maio. Os padriños e as madriñas foron a recoller a clase aos seu afillados e afilladas para acompañalos ata o xardín do cole onde ... contaron os contos sentados na herba!!! Foi moi divertido!!!
Noraboa a todos e a todas pola participación e colaboración para que quedase unha marabillosa actividade.
Güino.
O alumnado de 5ºA estiveron lendo o libro "MURIEL, CAOS NO LABORATORIO LÁCTEO". Este luns 5 de maio, na "Xardín do Pasatempo" recibimos a súa autora María Canosa. Con ela falaron de diferentes temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder coñecela.
Alumnado do C.E.I.P. Couceiro Freijomil, por fin podemos realizar unha actividade moi chula no xardín do centro. Aquí deixo a información necesaria para poder realizala o vindeiro 6 de maio.
O alumnado de 3º estiveron lendo o libro "PAPÁ CANÍBAL". Este xoves 24 de abril, na Biblioteca recibimos ao seu autor Antonio M. Fraga, antigo alumno do centro. Con el falaron de como escribiu o libro, dos seus personaxes e outros temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder pasar un momento con el.
Güino.
Achégase o 23 de Abril e como cada ano Güino ten preparadas actividades.
Xa saberedes doutros anos, mais nunca está mal lembrar, a razón da celebración nesta data e non doutra calquera, xa que calquera día e bo para festexar a lectura.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Garcilaso de la Vega.
O alumnado de 4º estiveron lendo o libro "A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROÍNA". Este martes 8 de abril, na Biblioteca recibimos a súa autora Sabela Fernández Trelles. Con ela falaron de diferentes temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder coñecela.
Güino.
Como remate do segundo trimestre decidiuse interpretar o LITERARIOFEST para a comunidade educativa do centro.
A tarde do 3 de abril, o "Xardín do Pensamento", converteuse nun lugar de conto onde a gran narradora Vero Rilo impartiu un obradoiro moi interesante no que participaron nais e mestras do Couceiro. Foron 90 minutos moi divertidos, onde aprendimos a contar e contamos historias que non deben quedar no olvido.
Moitas gracias a Vero por acompañarnos neste día.
Güino.
O 3 de abril levarase a cabo un obradoiro de narración oral para as familias impartido por Vero Rilo. Deixo aquí a vosa invitación. Apuntádevos!!
Güino.Neste mes hai que destacar días importantes para as bibliotecas: celébrase en marzo o 21 Día da Poesía e o 27 Día do Teatro. Güino e o seu equipo decidimos, conmemoralo nun só acto denominado LITERARIOFEST, o vindeiro luns 31.
Así que anda a rapazada do cole a voltas cos ensaios. Esperamos pasalo moi ben!!!
Seguindo co traballo de investigación sobre os diferentes medios para a súa conservación como científicos que somos, o alumnado do segundo ciclo recibiron a visita de Maite, unha bióloga mariña (nai dunha compañeira de 4º EP). Pódese ver a mostra do que aprendimos na visita, pinchando nas fotos.
Güino
O 10 de marzo conmemoramos o 8M Día Internacional da Muller facendo unha actividade de investigación sobre nove mulleres galegas cientificas. Cada nivel elaborou un traballo sobre unha cientifica e durante a mañá do luns pasamos todos a realizar a actividade "Adiviña que é a científica?".
O alumnado do 2º ciclo están preparando a actividade que se vai a levar a cabo o vindeiro 10 de marzo. Están traballando este pdf sobre MULLERES NA CIENCIA (pódese ver se pinchas na foto).
Dentro do PDI "Mergúllate na ciencia" o alumnado de 2º ciclo conectaron coa Antártida a través de videoconferencia. Poideron escoitar a militares e científicos da base que teñen alí instalada (pinchando na invitación pódense ver vídeos).
Falaron de moitas cousas e tamén de pingüinos.
O alumnado de 4º A traballaron unha lenda, titulada Roxin Rosal. Gravaron o seu traballo na Radio Falangueira e tamén fixeron uns debuxos moi chulos. Podedes velo pinchando no debuxo.
O alumnado de 5ºA gravou un postcad na Radio Falangueira dun poema moi coñecido de Rosalía De Castro en grego. Podedes velo pinchando na foto de Rosalía.
O alumnado de 3ºA tamén gravou un postcad coa poesía PARECE UNHA ROSA. Podedes escoitalo pinchando na foto da maceta que pintamos con dous versos deste poema.
Hai unha pequena exposición de libros de Rosalía De Castro. Podedes pasar a consultar o libro que precisedes.
Güino.
O alumnado de 4º deixou na Radio Falangueira un postcad sobre a celebración do Día Internacional da muller e da nena na ciencia.
Neste día nas aulas rememoramos a importancia das mulleres e das nenas na ciencia. Deixo aquí un enlace moi interesante.
Güino.
Desde a biblioteca queremos compartir distintos documentos para que nas aulas poidades achegarvos máis á figura desta escritora e poeta galega, figura indispensable da literatura española. Atoparedes un documento para poder facer individualmente ou en equipo
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Manuel Curros Enríquez
O alumnado de 4ºA tamén visitaron a Radio Falangueira e grabaron un Podcast mostrando a súa preparación para o Día da Poesía.
Está interesante escoitalo!!
Güino.
Este curso xa comezou a súa andadura a Radio Falangueira.
Deixo aquí o enlace do Podcast sobre o Día Escolar da Paz e da Non Violencia que grabaron o alumnado de 4º B EP.
Güino
O vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da PAZ e da NON Violencia. Durante esta semana no noso "Xardín do Pasatempo" temos unha exposición de libros sobre a PAZ e a NON Violencia. Tamén colaboramos na actividade proposta polo centro e fixemos o mural titulado "Unid@s somos mais fortes".
O alumnado do segundo ciclo segue traballando as mulleres científicas. Elaboraron unha reseña biográfica de Margarita Salas. Pincha no debuxo e pódese ver o enlace.
Güino.