miércoles, 12 de mayo de 2021

Letras Galegas 2021, XELA ARIAS.


Xela Arias é a autora homenaxeada na edición 2021 do Día das Letras Galegas. Así o decidiu  a Real Academia Galega, que destaca á poeta sarriá como "unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma", subliñando ademais "o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).

O alumnado de 6º cada ano tras ano presenta no Festival das Letras Galegas á autora ou autor homenaxeado. Este curso non ía ser menos e realizaron esta videomontaxe para achegar a figura de Xela Arias a grandes e pequenos.


As nenas e nenos de Ciclo Medio  adoitaban facer os decorados do festival.Este ano, o seu profesorado proponnos  unha  actividade diferente. Consiste en realizar catro probas moi sinxelas ao longo desta semana e   dentro das aula para conseguir unha ficha dun puzzle tamaño xigante e poder completar un mural que quedará exposto na cortiza que hai na saída ao patio exterior de Primaria. Aquí tedes o cartaz desta actividade:

E aquí vos deixamos fotos do desenvolvemento de diferentes momentos desta actividade e ligazóns a esta experiencia recollida noutros blogs:
















Visita o blog de 1º!


Mira as actividades en 2º de E.P.


Visita o blog de 3º!



Isto pasou en 4º, preme na imaxe!






O alumnado de 5º fixo unha carta ao Director da Voz de Galicia, como un exercicio de reflexión e de  redacción, sobre o uso na prensa escrita da nosa lingua, primeiro individual e, logo dunha posta en común, como tarefa de grupo.  O 17 de Maio, Día das Letras galegas, viron a súa carta publicada na Voz de Galicia! Aquí nola deixan.







Na biblioteca tedes a vosa disposición libros de e sobre Xela Arias para todas as idades:



















Para saber máis sobre Xela Arias preme na imaxe:

Seminario Galán


Tamén podedes coñecer a Xela Arias ao son da música. 


Ánimo! Boa Semana das Letras Galegas!


No hay comentarios: