lunes, 22 de abril de 2024
Lectura e familias.
viernes, 23 de febrero de 2024
ROSALIA DE CASTRO
23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das poetas centrais da nosa literatura! A autora de "Cantares galegos" ou "Follas Novas" tamén se converte nunha das bases da identidade galega.
jueves, 15 de febrero de 2024
TARDE DE CONTACONTOS
DENDE O XARDÍN DO PASATEMPO COMPRÁCENOS INVITARVOS
A UNHA TARDE DE CONTACONTOS ESTE XOVES 22 DE FEBRERIO ÁS 16:30H
Esta sesión será levada a cabo grazas á colaboración de MARI CASCALLAR, antiga
compañeira e mestra neste centro. Unha grande couceirista que quere seguir colaborando na
educación dos nosos nenos e nenas.
AGARDÁMOVOS A TODAS E TODOS NA BIBLIOTECA
" O XARDÍN DO PASATEMPO" .
sábado, 27 de enero de 2024
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
"¡Paz, paz, paz! Paz luminosa.
Una vida de armonía
sobre una tierra dichosa."
"Paz sin fin, paz verdadera.
Paz que al alba se levante
y a la noche no se muera."
lunes, 22 de enero de 2024
30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
Como levamos facendo estes últimos anos, realizaremos unha RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS para o banco de alimentos Rías Altas.
Queremos dar un paso máis, ademáis de achegar alimentos a aquelas persoas que o precisan, queremos tamén alimentar a cultura. Para iso propoñemos o seguinte reto:
SACA UN LIBRO Á RÚA.
Dende o equipo de biblioteca convidámosvos a que collades un libro e busquedes un lugar tranquilo da vosa zona (un lugar que vos transmita paz, tranquilidade,...) e nos enviedes unha foto na que aparezades lendo ese libro, cun pé de fotografía no que nos indiquedes porque escollíchedes ese lugar.
Con todas as fotografía recibidas, pretendemos facer un "plano" de Pontedeume que nos permita coñecer un pouco máis a nosa vila, saltando de páxina en páxina grazas aos libros.
Con esta iniciativa pretendemos achegar aos máis pequenos ao hábito lector, tamén ás familias. Seguro que se vemos a alguén lendo un libro na rúa, pódenos axudar a ter un chisquiño máis de ganas por ler nós un libro tamén.
AGARDAMOS AS VOSAS ACHEGAS!!
Visitade tamén as recomendación de Güino deste mes de xaneiro, relacionadas con esta temática.
lunes, 8 de enero de 2024
TARDES DE BIBLIOTECA
Queremos lembrar a toda a comunidade educativa que a nosa biblioteca está aberta polas tardes para poder visitala e gozar das mil e unha aventuras que se agochan nos andeis dela.
Colle un libro e adéntrate no maravilloso mundo da fantasía, mantente informado na actualización coas nosas revistas, le o periódico, xoga cos legos ou os xogos de mesa que temos dispoñibles,... pasade unha tarde entretida e enriquecedora tanto nenos e nenas como familias.
O horario de apertura será de 16:00 a 18:00h de luns a venres. AGARDÁMOSVOS!!