Mostrando entradas con la etiqueta Francés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Francés. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de junio de 2019

Xa falta menos!

Achégase o fin de curso e o Couceiro e un fervedoiro de actividade:

  • Vimos de ver a fabulosa posta en escea da Compañía de Ópera  "Purpurina" da súa 1ª representación Que non sexa a derradeira!.                                                                                  O alumnado de 6º de E. I. tivo un curso ben intenso que lle deu para formar unha compañía con todas os oficios que esta implica, escribir e representar a súa 1º ópera ¨"Coidar todo". A pasada semana, expuxeron as tarefas realizadas ao longo do curso e tiveron sesión dobre, para os compañeiros de Infantil e Primaria e para  as familias.  Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado en tan formidable tarefa!







  • O alumnado de  Lingua Estranxeira, Francés, envíanos unha das tarefas realizadas dentro do PDI "Bo Proveito", comezaro o curso co "Receitario de Outono" facendo "Gáteau à la crèma de marrons" ( Torta de Castañas) e rematan tamén cociñando "Tarta Tatín". Ollade que boa pinta!






  • En  1º e 2º de Primaria xa ten o produto final do seu traballo dentro do PDI "Bo Proveito" preparado para expoñer a vindeira semana a toda a Comunidade Educativa. A partires do martes estarán os traballos máis representativos de todo o cole na entrada do cole para así todos e todas enterarnos de como se desenvolveu o proxecto en cada aula. O 19 é a xornada de portas abertas do PDI "Bo Proveito" para as familias.



















  • Hoxe á mañá na Hora de Ler comezamos apreparación dunha das últimas e máis festivas datas cara fin de curso: O "Concurso de Castelos de Area". A semana que vén nenos e nenas dende 4º de E.I. ata 6º de Primaria visitarán o Areal da Madalena en Cabanas para, logo de unha sesión de xogos populares no piñeiral, facer castelos en grupo (16 compoñentes por grupo, de todas as idades dende 4 ata 12 anos). Pero hoxe a quedada foi para acordar as ferramentas e deseños que van realizar o luns ou xoves da semana seguinte, dependendo da climatoloxía. Aquí vedes algúns  grupos planificando!









miércoles, 24 de mayo de 2017

PDI Parc Naturel Fragas do Eume

Dentro do Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver en todo o centro durante este curso, o alumnado de francés tivo como eixo da súa actividade dous aspectos significativos: os contidos propios do Parque Natural das Fragas do Eume e a técnica de Realidade Aumentada.

O proceso desenvolveuse en tres fases.

O primeiro contacto cunha actividade de realidade aumentada estivo relacionado coa festividade de "Pâques".  Sorprendidos quedaron cando viron que os debuxos que colorearan, e que serviran como base para a creación de textos en francés, tomaban vida cando os miraban coas tablets. Para esta fase utilizamos a aplicación Quiver.

Unha segunda fase consistíu en facer actividades con vocabulario das Fragas. O alumnado de 5º e 6º creou códigos QR que iban asociados a descripcións ou sinxelos  textos informativos en francés que eles redactaran previamente. O alumnado de  francés de 6º buscou información sobre as Fragas do Eume. Con eses textos fixemos un vídeo.
A información deste vídeo complementada con outros aspectos, tales como os sons de varios animais (ou dun río) que eles escolleran  e a información do parque en varios idiomas, valeu para que, mediante os códigos QR que eles crearon co programa QR Code Generator puidesen enriquecer con realidade aumentada un enorme  mapa-mural que fixeran cos seus compañeiros e compañeiras de clase.

Finalmente fixemos unha comprobación para saber si todo funcionaba correctamente. O resultado foi extraordinario e divertido.

Aquí podedes ver algo de cada fase...