CLUB DE LECTURA

▼

miércoles, 4 de noviembre de 2026

PDI. "A CÁPSULA ESPACIAL" 5º A E B DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 "A CÁPSULA ESPACIAL"

Nas aulas de 5º de Primaria, durante este primeiro trimestre, estamos a levar a cabo unha dinámica de cohesión de grupo.

Cada venres, un neno ou nena da aula, leva a cápsula espacial para a súa casa. Imaxinando que temos que abandonar o planeta Terra, teñen a gran misión de escoller soamente 3 obxectos de gran importancia para eles/as, que levarían a un novo planeta onde comezar unha nova vida.

Ao luns seguinte, o elexido ou elexida, ten que ensinar os obxectos e explicar o motivo da súa elección, cunha posterior rolda de preguntas para resolver dúbidas.

Temos unha gran oportunidade para coñecer un pouco máis, e mellor, aos compañeiros/as da clase!



No hay comentarios:

Publicar un comentario