Achegamos unha mostra das primeiras experiencias dentro do PDI "Pontedeume a nosa vila". Axiña publicaremos os primeiros productos das aulas.
Todas as nenas e nenos do cole xa recibiron as mensaxes de Güino e están a traballar nos retos que Güino plantexáballes.
Ollade premendo nas imaxes o que están a argallar as nenas e nenos de 4º, van crear unha empresa de publicidade para promocionar a nosa vila!!
Pero, como Güino e o seu equipo non atopou unha historia ilustrada axeitada ás vosas idades, as nenas e os nenos máis vellos do centro puxéronse a traballar para poder facer o encargo da mensaxe que lles achegou Güino a comezo de curso.
Xa temos no moble de novidades da nosa biblioteca os volumes iniciais da documentación do Proxecto. Segundo este vaia desenvolvéndose e precisedes nova documentación, iremos conseguíndoa segundo as necesidades e suxestións das diferentes aulas.
A pandemia fai dos blogs das aulas o principal escaparate das pescudas e descubrimentos feitos arredor do PDI. Procuraremos ter actualizado o noso para que poidamos compartir as nosas experiencias, os productos elaborados, os coñecementos adquiridos...
Seguiremos informando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario