Un curso máis, e xa van moitos dende que comezaron a súa andaina no ano 2009, as MOCHILAS volven viaxar ás casas dos nenos e nenas do Couceiro.
A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.
Nenas e nenos son os embaixadores da biblioteca nas súas casas e comparten cos seus, grandes e pequenos, os libros, as revistas, a música cos que a mochila vai cargada.
Este ano en forma de" Maletíns Viaxeiros".
A pandemia obriga a tomar as máximas medidas de precaución por iso cambiamos as mochilas por matetíns dun material máis fácil de desinfectar e ademais temos dous maletíns por aula. Cada semana viaxa un mentres o outro queda en "corentena".
Durante os pasados días os membros do EQUIPO DE BIBLIOTECA traballaron arreo para ter listos, o máis axiña posible, os maletíns.
Todos van cheas de libros, revistas, música,... para encher o tempo de lecer coas vosas familias.
Cada maletín contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno.
Lembrade, unha folla do caderno por nen@.
No hay comentarios:
Publicar un comentario