CLUB DE LECTURA
▼
miércoles, 25 de noviembre de 2026
1ºA. CELEBRACIÓN DO 25-N
Como non podería ser doutro xeito, os nenos e nenas de 1ºA hoxe, día 25 de novembro, reflexionamos sobre a importancia do respecto, da amabilidade e da non violencia. Estivemos a pensar e escribir en estrelas palabras que pensamos que están relacionadas con este tema a modo de "mensaxes positivas" ou conceptos necesarios para seguir a traballar e poder eliminar a violencia das nosas vidas e sociedade. Así mesmo, estivemos comentando a información que outros cursos investigaron sobre "Mulleres que miraron ás estrelas". Foi moi interesante! Aproveitamos tamén para volver dedicarlle uns minutiños á exposición de libros que visitamos a semana pasada.






