CLUB DE LECTURA

miércoles, 27 de diciembre de 2023

martes, 26 de diciembre de 2023

BO NADAL

CHEGOU O NADAL!!


Unha data de ledicia, de compartir momentos coa familia, de posibles soños cumpridos, de desexos para o vindeiro novo ano... Unha data especial. 


Este ano, o equipo docente do Couceiro decidiu realizar unha xornada coas familias na que puidésemos compartir un anaquiño do noso tempo todos xuntos (familias - alumnado - mestras).

Primeiro realizando unha manualidade nas aulas. Momento de "facer xuntos, aprender xuntos e compartir xuntos".  Aproveitamos para agradecer a todas aquelas familias que puideron compartir con nós este fermoso momento.


A continuación, como en toda festa non pode faltar o baile! Xuntámonos no ximnasio para bailar toda a comunidade educativa xunta, guiados pola nosa coreógrafa "Lidia".


Un gran fin de trimestre e apertura dunhas boas vacacións!




Dende o equipo de biblioteca queremos desexarvos unhas felices festas e un venturoso ano 2024. Ano no que seguirémonos esforzando día a día por unha educación de calidade para os nosos nenos e nenas.



jueves, 14 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS DE NADAL



Xa está a chegar o Nadal, as vacacións, o tempo de sofá envoltos nunha mantiña,.... 

Dende o equipo de biblioteca achegámosvos unha proposta de libros cos que vivir mil e unha aventuras, tanto en galego como en castelán, en inglés ou en francés, para todos e cada un de vós. Si, si, dende os máis pequenos ata os maiores da familia.  Esperemos que sexan do voso agrado e que pasedes grandes momentos lendo neles. 




Se o desexades podedes recoller o díptico na biblioteca, xunto Güino, e aproveitar para botar unha ollada a esta selección de libros realizada con moito agarimo para vós. Tamén poderedes recoller estes dípticos na mesiña da entrada, no espazo destinado ás familias.


Lembrade: Un libro pódenos transportar  a infinidade de lugares fabulosos e vivir aventuras fascinantes sen necesidade de sair da casa.

viernes, 24 de noviembre de 2023

miércoles, 22 de noviembre de 2023

GÚINO BUSCA AMIGO OU AMIGA.


BÚSCASE MASCOTA!!

 Güino está moi emocionado!! Enterouse que a biblioteca municipal do concello está buscando mascota. Por fin, vai ter un amigo ou amiga coa que contar as aventuras que viven nas súas bibliotecas, axudarse a deseñar actividades chulísimas para todos nós,... unha morea de aventuras novas.


Animámosvos a todos a participar nesta búsqueda da mascota para a biblioteca municipal de Pontedeume. Adxuntámosvos o cartel e as bases do concurso. 








sábado, 18 de noviembre de 2023

domingo, 12 de noviembre de 2023

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

 10 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O  DÍA INTERNACIONAL DA CIENCIA PARA A PAZ  E O DESENVOLVEMENTO.





Os nenos e nenas son científicos e científicas en potencia, dende o seu nacemento están experimentando constantemente: ao tirar obxetos á auga, ao facer rodar obxetos, equilibrios ao dar os seus primeiros pasos, reacción causa-efecto dalgunha rabieta,... aprenden a ciencia de xeito natural.

Dende a biblioteca queremos achegarvos un pouquiño máis a este mundo tan importante para os nosos nenos e nenas.


Seguro que con esta canción recórdano moito mellor:


COMO PODEMOS AXUDARLLES?

- Dalles inicitaiva: Fíxate no que lles interese e deixa que sexan eles e elas as que tenten resolver problemas por si solos pero mantento ao seu lado para darlles a seguridade no momento en que se atasquen ou precisen axuda.


-Axúdalles a reflexionar: Failles preguntas para que reflexionen sobre o que acontece cando xogan,aproveita as actividades cotiás para preguntarse sobre o que pasa ao seu redor.


- Fomenta a curiosidade: Preséntalles diferentes obxetos, alimentos, materiais,.... deixa que os manipulen que inventen con eles,... deste xeito xeraremos nos nenos e nenas a curiosidade polo que os rodea e a creatividade ao deixarlles xogar e descubrir libremente con eles.


- Desfruta da natureza e reduce o tempo de pantalla: No exterior hai moitas cousas que descubrir; animais, plants, o tempo,... Falade e conversade con eles sobre o que ven, o que perciben, facéndose preguntas osbre o que ven,...


- Aprende con eles: o importante non é ter todas as respostas, senón acompañalos nas aprendizaxes. Se non sabes a resposta a algunha pregunta que che fagan, toma nota, investiga con eles e tenta obter esa resposta, aprendendo os dous ao mesmo tempo.


A continuación, deixámosvos algúns enlaces de experimentos para realizar cos nosos nenos e nenas. Lembrade que precisan supervisión dun adulto!






NA NOSA BIBLIOTECA TENDES UNHA MOREA DE LIBROS RELACIONADOS CON ESTA TEMÁTICA QUE VOS ESTÁN AGARDANDO. A QUE ESPERADES PARA IR VELOS??





sábado, 28 de octubre de 2023

SAMAÍN

Achegase a noite máxica e tenebrosa, a noite na que os defuntos vagan libremente entre nós.
  






O  SAMAÍN







Si, si, aquí en Galicia é o Samaín, unha tradición de orixe celta que marcaba o final da colleita e o comezo dun novo ano, unha noite máxica na que os defuntos podían visitar o mundo dos vivos. Para honrar aos nosos defuntos doitábselles deixar ofrendas de comida e deixar o lume aceso para que se quentaran. Aínda que na escuridade pode haber medo, era unha festa de reencontro cos nosos antepasados. 

Nos últimos anos, esta tradición fouse recuperando nalgúns lugares de Galicia. Destacamos.

- O samaín de Cedeira ( A Coruña) no que cada ano celebran actividades como tallado de cabazas ou o pasarrúas pola zona vella onde os paseantes só están alumeados por candeas.

- A noite meiga de Ribadavia (Ourense): amenizada por concertos e actuacións nas rúas, o "pasaxe do terror" na fortaleza do castelo, un scepe room na plaza e disfraces terroríficos desfilando polo casco histórico da vila.

- Noite de Calacús (Pontevedra): Con contacontos para nenos e para adultos, taller de cabazas e maquillaxe, así como pasarrúas terroríficos.

 Samaín de Fadesa (Miño): na urbanización de Fadesa da nosa vila veciña de Miño, levan uns anos festexando esta data mediante a decorqación monstruo de casas, exposición de cabazas e escoita de lendas.

Moi ligado a esta noito temons a Lenda da Santa Compaña, unha procesión de almas en pena que deambulan polos pobos durante a noite de Samaín. Estes espítitus que se manteñen ocultos baixo capuchas, seguen ao seu guía en silencio portando unha cruz e unha candea.

DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA SELECCIÓN DE CONTACONTOS PARA QUE VOS VAIADES PREPARANDO PARA ESTE DÍA.


CONTO: ¡QUE RISA DE HUESOS! EDITORIAL: KALANDRAKA



CONTO: UN VAMPIRO PELIGROZO. EDITORIAL: NUBE OCHO


CONTO: CAMUÑAS. EDITORIAL KALANDRAKA



CONTO: EL FANTASMA DE LAS BRAGS ROTAS. EDITORIAL NUBE OCHO.

A BAILAR:



Na nosa escola apoiamos ás tradicións por iso, queremos manter viva a nosa EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS OU TALLADAS que terá lugar no centro o martes 31 de outubro, así como tamén a nosa tradiona LECTURA ÁS ESCURAS. Agardamos que este 31 de outubro sexa unha mañá monstruosa e moi especial para todos nós.



Güino deixou polas clases unhas CAIXAS TERRORÍFICAS con contos de medo para que ao longo desta semana poidades ler durante a hora do plan lector. Suxeitádevos dos pelos porque aínd aque dean medo non ides poder deixar de ler, son interesantísimos!!




E, como non era menos, a nosa Biblioteca tamén se negalona para a ocasión: arañas, cabazas e sobre todo moita lectura terrorífica.




miércoles, 4 de octubre de 2023

ARRINCANDO MOTORES

 Hoxe, chegou ás clases unha visita moi especial. 

GÜINO trouxonos unha carta, unha invitación á primeria festa que vai facer este curso.



Como era de esperar, o seu recibimento foi espectacular, xa nos tardaba poder tocar e ver de novo á nosa mascota preferida facendo das súas.








Preparádevos para a festa porque parece vir cargada de sorpresas.!! Agardámosvos.

lunes, 11 de septiembre de 2023

BENVID@S AO CURSO 2023-2024

Hola rapazada do Couceiro. Estaba agardando por vós!!


Despois dun verán de descanso, de viaxes fantásticas en familias, de praia,... xa estamos de novo aquí. Teño unha morea de actividades que quero compartir con vós e que espero que as desfrutemos  xuntas e xuntos, ao longo de todo este curso.


Agárdovos na biblioteca que nuns días xa estará preparada e poderedes volver visitar.




martes, 13 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

Xa estamos ben preto do verán e das vacacións!

Güino e o  equipo da biblioteca escollimos as recomendacións para ler na praia, os días de choiva e sempre, sempre antes de adormecer! 

Podedes botarlles un ollo na nosa biblioteca e logo escoller algún para  ler no verán!






lunes, 12 de junio de 2023

JULIO VERNE I

E por fin chegou xuño! Vos presentamos un dos traballos feitos polo noso alumnado de 6º arredor da figura de Julio Verne, autor do libro "A volta ao mundo en 80 días", que tiveron a oportunidade de ler este curso.

miércoles, 7 de junio de 2023

PDI 2022-23 EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil queren ofrecer aos visitantes unha interesante mostra expositiva sobre dous mundos extremos, O Polo norte e o Polo sur. A exposición ten como fin mostrar as diferenzas entre o Ártico e o Antártico, pois a pesar de ser dúas inmensas extensións de xeo e neve aparentemente semellantes, son moi diferentes, con extensións de terra desiguais, diferenciados en canto á súa colonización polo home e onde viven seres vivos diferentes. Así mesmo, preténdese dar unha visión global sobre as ameazas que afectan a estas zonas na actualidade e sobre o seu estado de conservación.






Unha das actividades máis emocionantes é viaxar polo mundo, coñecer outras culturas, costumes e por suposto a comida, é certo cando nos din que a mellor forma de coñecer un lugar é a través dos seus pratos, a forma de cociñar e os ingredientes únicos que se atopan en cada rexión do mundo. Por iso cada vez que teñamos oportunidade de viaxar, o primeiro é probar a súa comida e a partir de aí saberemos máis dese lugar.













A través do xogo o alumnado de 6º de Infantil reflexionou sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) desde unha mirada infantil, creando ideas que achegan e facilitan a súa consecución. Ademais, xeráronse materiais comunicativos que axudan a visibilizar e compartir as diferentes realidades existentes no mundo. Unha forma divertida e construtiva de derrubar prexuízos e estereotipos, para reducir as desigualdades sociais e fomentar comunidades máis inclusivas e sostibles, mediante a implementación do dereito á participación e á comunicación.




















martes, 6 de junio de 2023

PDI 2022-23: EXPOSICIÓN FINAL

Estamos a piques de rematar un curso moi intenso. 
Queremos compartir con toda a comunidade educativa os traballos realizados polo alumnado do centro dentro do noso Proxecto Documental Integral que levaba por título "Couceiristas polo Mundo".


 

PDI 22-23: "COUCEIRISTAS POLO MUNDO"

Na aula dos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil seguen traballando distintos aspectos da alimentación no mundo. Tiveron a oportunidade de elaborar distintas receitas coa axuda de familiares. Se premedes na imaxe atoparedes toda a información desta actividade.



domingo, 28 de mayo de 2023

MAIOS 2023

En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o final do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.

Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e ao redor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. 

Este curso  como cada ano a finais de abril na nosa escola  festexamos o Maio.  Achegamos a escola verdes (fiúnchos, fentos, xestas...)  e flores (margaridas, calas, rosas,...), laranxas e ovos baleiros para facer o Maio o venres 28 de abril: un de Infantil, outro que fixo o alumnado de 1º, 2º, e 3º e outro que fixeron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º. 

Rematámolos o venres e o luns 1 de maio o alumnado desfilou con eles polas rúas de Pontedeume para achegalos ao xardín e participar no concurso de Maios do Concello.

Aquí vos deixo un vídeo resumo.


lunes, 22 de mayo de 2023

PDI 2023: QUEN É JULIO VERNE

O alumnado de 5º e 6º está a rematar a lectura do libro "A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne. O primeiro que fixeron foi investigar sobre a figura deste famoso autor.