Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil queren ofrecer aos visitantes unha interesante mostra expositiva sobre dous mundos extremos, O Polo norte e o Polo sur. A exposición ten como fin mostrar as diferenzas entre o Ártico e o Antártico, pois a pesar de ser dúas inmensas extensións de xeo e neve aparentemente semellantes, son moi diferentes, con extensións de terra desiguais, diferenciados en canto á súa colonización polo home e onde viven seres vivos diferentes. Así mesmo, preténdese dar unha visión global sobre as ameazas que afectan a estas zonas na actualidade e sobre o seu estado de conservación.
Unha das actividades máis emocionantes é viaxar polo mundo, coñecer outras culturas, costumes e por suposto a comida, é certo cando nos din que a mellor forma de coñecer un lugar é a través dos seus pratos, a forma de cociñar e os ingredientes únicos que se atopan en cada rexión do mundo. Por iso cada vez que teñamos oportunidade de viaxar, o primeiro é probar a súa comida e a partir de aí saberemos máis dese lugar.
A través do xogo o alumnado de 6º de Infantil reflexionou sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) desde unha mirada infantil, creando ideas que achegan e facilitan a súa consecución. Ademais, xeráronse materiais comunicativos que axudan a visibilizar e compartir as diferentes realidades existentes no mundo. Unha forma divertida e construtiva de derrubar prexuízos e estereotipos, para reducir as desigualdades sociais e fomentar comunidades máis inclusivas e sostibles, mediante a implementación do dereito á participación e á comunicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario