CLUB DE LECTURA

sábado, 18 de marzo de 2023

PDI SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E A EXPONAV

O venres 17 de marzo os nenos e nenas de 2º A e 2º B visiron o Museo de Historia Natural e Exponav en Ferrol, esta actividade enmárcase dentro das actividades programadas para o desenvolvemento do PDI anual do centro que leva por título "Couceiristas polo mundo". 

O alumnado de 1º e 2º está a traballar A serie «Quen son? Crías de animais». Nela atopamos varias especies  de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende  as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelose descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha  preséntase cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo coas lectoras e cos lectores; o enigma resólvese ao pasar a páxina, onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando a información sobre a contorna, os costumes e as características  físicas dos adultos. Son textos cientificamente rigoros os que plasman a realidade da natureza de forma doada  e comprensible, ademais de amosar a biodiversidadee as distintas formas de crianza.  Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son realistas e de gran detallismo, fieis aos canons da ilustración científica, e destacan pola expresividade e pola tenrurados protagonistas.

No Museo de Historia Natural puiderion ver esqueletos de animais, tanto mariños como terrestres, animais conservados en alcohol e animais disecados. En Exponav profundizaron nun dos medios de transporte que podemos empregar para viaxar, O BARCO. Aprendemos as súas partes e como se constrúen. Reralizaron disferentes obradoiros.

Se premedes na seguinte ligazón atoparedes máis información.

http://primeirospasoscouceiro.blogspot.com/2023/03/saida-ao-museo-de-historia-natural-e.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario