CLUB DE LECTURA

martes, 31 de mayo de 2022

E POR FIN FIXEMOS A NOSA EXPOSICIÓN!

O papel da biblioteca escolar está directamente relacionado co desenvolvemento do currículo, con todas as actividades desenvolvidas na escola e coas necesidades dos alumnos especialmente no relativo á información.

Os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando para iso os recursos documentais da nosa Biblioteca Escolar.

O traballo con textos de diferente tipoloxía (literarios, divulgativos, científicos, didácticos...), ou de diferente soporte (libro, audiovisual, informático...), etc. nas distintas áreas do currículo, así como a comprensión dun vocabulario específico en cada materia, contribúe a abrir a porta ao coñecemento e ao crecemento persoal. Non se debe considerar tempo perdido o que se dedica a comprender e a razoar os conceptos e as súas relacións mediante a lectura de textos, sexan estes científicos ou didácticos (enciclopedias,  monografías, páxinas web...), porque esta actividade proporciona capacidade de análise, de relación, de contextualización, de comunicación, etc., necesarias para sobrevivir nun mundo  tecnificado e cambiante. Calquera actividade da vida futura do noso alumnado pasará polo uso sistemático da súa capacidade crítica e  relacional. 

A aprendizaxe baseada en proxectos é un modelo de aprendizaxe que implica ao alumnado na investigación de problemas interesantes, que culminan en produtos auténticos e conleva a consciencia do proceso do proxecto. Na organización de aprendizaxes a partir do método de proxectos, ao poñer ao alumnado fronte a unha situación problemática real, favorécese unha aprendizaxe máis vinculada co mundo fóra da escola o que lle permite adquirir o coñecemento de maneira non  fragmentada ou illada.

Toda a actividade desenvolvida nas nosas aulas ao longo deste curso preséntase nunha exposición na que recollemos algúns dos traballos que se realizaron dentro do noso Proxecto Documental Integrado, que como sabedes este curso versaba sobre a arte. Os produtos finais poden ter formas moi variadas: dossier, conto, páxina Web, museo, exposición, maqueta, documento de  PowerPoint…. 

Nos seguintes vídeos recollemos algunhas imaxes da nosa exposición final. 

Agardamos que sexa do voso agrado, nós estamos moi contentos cós traballos realizados.

Parabéns a todos e a todas.


lunes, 30 de mayo de 2022

XORNAL NA ESCOLA

Un ano máis o CEIP Couceiro Freijomil participa no programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia. É unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagógico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas. Ademáis o programa pon a disposición da comunidade escolar o suplemento La Voz de la Escuela, cursos para profesores, concursos e numerosas propostas didácticas que poden seguirse a diario a través de web.

O obxectivo deste programa e favorecer que o alumnado sexa capaz de usar a prensa como un recurso didáctico de cara a desenvolver as súas actitudes e destrezas persoais. Que aprendan a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico.

Consideramos que é importante que o noso alumnado tome conciencia da importancia da información na súa educación como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.

Este curso desenvolvimos diferentes actividades, como por exemplo:

Seleccionamos a noticia que a máis alumnos e alumnas lle chamou a atención do xornal.

Seleccionamos a noticia que queremos recoller na nosa Hemeroteca. Esta actividade levóunos a buscar que é unha hemeroteca, onde a podemos atopar...





RESUMO TRABALLO RELIXIÓN

O alumnado de relixión estivo a traballar ao longo destes meses a arte na relixión. No seguinte documento atoparedes un resumo destas actividades.

miércoles, 18 de mayo de 2022

CLUB DE LECTURA DE TERCEIRO

O alumnado de terceiro vén de rematar o libro "Papá Caníbal" de Antonio Fraga. Trátase dnha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final! Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín. 

O mércores 18 de maio Antonio Fraga estivo na nosa escola, encontro có que quedaron encantados. Recibiron os parabéns do escritor ante o seu coñecemento da obra e as apreciacións sobre a mesma .

A seguir lendo!




ÚLTIMAS PINCELADAS AOS NOSOS PRODUTOS FINAIS

 O alumnado de quinto está a rematar a súa versión do Guernica de Picasso. Ademais de pintar esta obra gravaron vídeos nos que explican a obra. Podedes atopar máis información premendo no seguinte enlace. O GUERNICA POLO NENOS E NENAS DE 5º

Parabéns cativada!






domingo, 15 de mayo de 2022

O GUERNICA DE PICASSO

Xa teñen publicados os vídeos explicativos desta obra. Se premedes na imaxe chegaredes a eles.

Parabéns a estes nenos e nenas!

 




martes, 10 de mayo de 2022

Letras Galegas 2022

 

Un ano máis o alumnado de sexto preséntanos ao persoeiro ao que se lle adican as Letras Galegas: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

Achegáronos este vídeo sobre a súa vida e obra realizado polo CEIP  de Seixalbo que vale para todo o alumnado dende os máis pequerrechos ata á rapazada de sexto.




 No "Xardín do Pasatempo" realizamos estoutro para aqueles que queiran saber máis da vida e obra do autor.



 
Como este curso estamos a traballar na arte dende o PDI, as nenas e nenos de sexto centráronse  na súa obra lírica  recitando oito poemas seleccionados de tres das súas obras máis representativas.
Este ano, pandemia obriga, a presentación non pode ser presencial, polo que gravaron esta videomontaxe cunha pequena análise e o recitado da escolma poética de Florencio M. Delgado Gurriarán.
Agardamos que vos guste!


Ollade que ben quedou a nosa versión de TERRA, BAILAMOS TOD@S A UN TEMPO!!!

martes, 3 de mayo de 2022

MAIO 2022

Vimos de festexar os Maios no noso cole.

As orixes da festa:A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.

Evolucionou ao longo da historia esta tradición mais no s.XIX tan solo se manterán naqueles núcleos de poboación onde ainda haia un continxente de mozos dispostos a conserva-lo costume. Tamén nas vilas prodúcese o fenómeno de quedar reducido a festas de rapaces , cecáis polo carácter petitorio que proporcionaba a mocedade alguis cartos cousa nada desdeñable , e, como non , pola dimensión lúdica e de sátira social na que se foran especializando estes maios vilegos (Pontevedra, por exemplo).

No s. XX veremos nacer concursos que premian as coplas máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente en tempos das dictaduras , como a de Franco , nos que non se toleran críticas polo que van esmoecendo obxecto da censura e da prohibición. Chegan ,pois, tremendamente esgotadas estas tradicións ós nosos días producto dunha nova sociedade que ten mecanismos moi potentes de uniformización da cultura, causando o desarraigo das expresións culturais seculares propias, específicas de cada pobo.

Mais recentemente vívese un espertar esperanzador destes festexos, adaptados ás novas realidades. Colectivos , concellos, escolas... conscentes da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural as xeneracións que veñen detrás , seguros de que a variedade cultural é un signo distintivo da humanidade.

Este curso tampouco faltaron os maios, unha tradición que perdura nos tempos en Pontedeume e na que participa sempre o noso colexio.

O tema que elixiron os nenos e nenas de 1º para cantar ao seu maio foi a "Danza do Biouteiro" co seu "Seresín, Seresán" que tanto lles gusta. 

O esforzo de todos e todas foi recompensado polo Concello co Primeiro Premio na categoría de MELLOR COPLA e o Primeiro Premio na categoría de MAIOS GRANDES.

Bo traballo e parabéns!!!!