CLUB DE LECTURA

viernes, 29 de abril de 2022

PDI +ARTE. A DANZA

A danza unha das artes incluída no PDI deste curso e unha arte de dificil acceso nunha vila pequena como a nosa e non podiamos perder a oportunidade que nos brindou a celebración do Día da Danza no veciño concello de Narón.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazáronse  ao Pazo de Cultura de Narón para presenciar o espectáculo de danza contemporánea GAIA, nun pase  especial para os colexios  por mor desta conmemoración. Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa. É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.

É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente."

O Pazo estaba cheo de xente miúda que nos pestanexou mentres presenciaban o desenvolvemento da obra. Voltamos encantados! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario