CLUB DE LECTURA

martes, 5 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022

 Día do Libro 2022: viaxe ás cidades máis literarias.

O 23 de abril é o Día do Libro, unha conmemoración a nivel mundial que busca fomentar a lectura e que se celebra nesa data precisa xa que ese día, en 1616 e supostamente, faleceron dúas figuras da literatura mundial: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Xa no século  XXI, varias asociacións como a UNESCO, a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións e institucións Bibliotecarias elixen cada ano unha capital mundial do libro.

Esta cidade dos libros organiza durante o seu mandato –que empeza o 23 de abril, o Día do libro 2022– unha infinidade de actividades que teñen que ver cos libros e cuxo obxectivo é facelos accesibles e atractivos para toda a poboación. A Capital Mundial do Libro 2022 é Guadalaxara, en México.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario