CLUB DE LECTURA

viernes, 18 de marzo de 2022

MÁIS POESÍA: ALUMNADO DE 6º

      DÍA DA POESÍA

Hoxe presentamos as poesías elaboradas polo alumnado de de sexto.

No primeiro trimestre achegáronse ao século XIX, á pintura  impresionista, ao  seu tratamento da luz e da cor e ás diferentes visións do mundo vexetal con catro autores Monet, Klimt, Pissarro e Sargent e en catro das súas obras: “O almorzo”, “A árbore da vida”, “ Os castiñeiros de Louveciennes” e  “Caravel, lirio e rosa”. 

Logo de realizar unha ficha técnica de cada cadro,  observaron as características da época e coñeceron  o autor e a súa obra , estudaron as cores cálidas e frías e as diferentes percepcións dunha mesma realidade variando a cor. A continuación, unindo a pintura coa literatura redactaron textos narrativos e textos líricos

E que mellor data para dar a coñecer as súas rimas que o Día da Poesía!!

Aquí queda a videomontaxe. Os caderniños que recollen o produto final desta actividade estarán na biblioteca para que todos poidades ver o traballo realizado.



Parabéns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario