CLUB DE LECTURA

martes, 1 de junio de 2021

Produtos Finais do PDI

 ONTE E HOXE DE PONTEDEUME:

O alumnado de 5º de Primaria vén de expoñer o seu traballo con documentación fotográfica. 

Selecionando fotos do século pasado dunha colección que lles achegamos dende a "biblio" dentro da documentación do PDI , fotografáronse nos mesmos lugares e compararon o pasado recente de Pontedeume coa actualidade da vila: Onde había leiras hai monte, o que medrou gañando terreo ao mar, os cambios nas rúas e prazas... 

Todo nolo amosan nun gran mural na entrada do cole (Pódese ver dende fóra da escola) e tamén no seu blog. Premede na imaxe e veredes!!










E as nenas e nenos de 2º , tamén  dentro do proxecto deste curso, partiron do coñecemento das parroquias de Pontedeume que situaron nun mapa ben colorido, axudáronlle a Güino coa Sopa de Letras do Día do Libro, realizaron unha receita de comidas e postres típicos da cociña eumesa ou galega. Descubriron que a nosa gastronomía é moi variada! e moito máis que podedes ver achegándovos ao seu blog clicando na imaxe.



O alumnado de 3º encargouse de promocionar a nosa localidade, logo de moito investigar elaboraron uns carteis publicitarios que colgaron por toda a vila. Olladeo o seu traballo clicando na foto.



Tamén nos deixaron unha versión narrada dun xeito ben distinto da Lenda do río Eume:

Preme!


O alumnado do cole que asiste a clase de inglés tamén se sumou a coñecer mellor e publicitar Pontedeume. Visitade o seu blog e veredes!

Fai clic!


As nenas e nenos de 5º e 6º reciben as súas clases de Expresión Plástica en inglés e ademais de ilustrar gravaron uns vídeos sobre a nosa localidade . Podedes velos todos visitando o seu blog. Premede, como sempre, na imaxe!









Xa van chegando á biblio moitos dos vosos traballos. Güino está toliño con tanto libro novo para a súa sección de produción propia, onde xa sabedes garda os tesouros feitos nas aulas do cole. Mirade unha pequena mostra de volumes do PDI deste curso:



No hay comentarios:

Publicar un comentario