CLUB DE LECTURA

domingo, 13 de junio de 2021

ACCESIBILIDADE E INCLUSIÓN

 Neste curso tan atípico, o Departamento de Orientación iniciou a sinalización do cole para facilitar a accesibilidade do noso alumnado na súa contorna.



  Consideramos necesario que tódolos alumnos e alumnas poidan acceder a toda a información da súa contorna, polo que a nosa idea é facilitar a accesibilidade cognitiva ao alumnado na nosa vila e, que mellor maneira de facelo que empezando pola nosa escola. Pero para levalo a cabo debemos coñecer que é a Accessibilidade Cognitiva e os seus beneficios. 



Que é a Accesibilidade Cognitiva? 



É un instrumento básico de compresión da contorna e así eliminar as barreiras de comunicación, facilitar a accesibilidade e permitir que os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de desenvolverse. Tendo en conta o marco legal que regula a inclusión, o dereito á comunicación e a atención á diversidade, o proxecto de sinalización dun centro educativo céntrase no principio de accesibilidade e o diseño universal das contornas que garanten a participación e a aprendizaxe de todo o alumnado. 


A inclusión educativa é un dereito universal que permite dar unha resposta educativa a tódolos alumnos/as, independentemente da súa condición, características e necesidades. Deste xeito, a sinalización representa un pequeno paso ata o dereito á inclusión. Sinalizar é facer que un centro educativo sexa accesible no só físicamente, senón tamén cognitivamente, e implica que tódalas persoas coñezan e comprendan a súa contorna escolar. Según a Declaración para a educación inclusiva da UNESCO de 2005: "A educación inclusiva representa unha perspectiva que debe servir para analizar como transformar os sistemas educativos e outras contornas de aprendizaxe, co fin de responder á diversidade de tódolos estudiantes". Hoxe sería difícil imaxinar que para acceder a un edificio, non existan as ramplas que necesitan as personas con movilidade reducida. Estas ramplas representan unha accesibilidade física, unha accesibilidade visible. Podemos dicir que a accesibilidade cognitiva non é tan visible, pero igualmente importante e necesaria. 



Quen nos beneficiamos?: 

●O alumnado que demanda medios alternativos de comunicación

. ●Alumnado que a súa ruta preferente de aprendizaxe é visual. 

●Alumnado con necesidades educativas especiais: TEA, Síndrome de Down, TDHA, Dislexia...

 ●Alumnado de infantil, que aínda non sabe ler e pode orientarse grazas aos pictogramas. 

●Alumnado que non domina o idioma local. 

●O conxunto do alumnado en xeral. 

●Familias que acoden ao centro de forma puntual e lles facilita a orientación. 

●Docentes de recente incorporación, que aínda no coñecen as instalacións do centro. Polo tanto, sinalizar o noso centro educativo con pictogramas é crear as ramplas de acceso a nivel cognitivo. 



É unha necesidade e un dereito para determinados nenos e nenas, pero todos e todas nos beneficiamos desa rampla que nos facilita a orientación espacial e a autonomía e nos permite sensibilizar á comunidade educativa para formar unha sociedade máis inclusiva.




 Aquí tedes unha pequena mostra da sinalización con pictogramas feita no cole, pero seguimos traballando para poder facilitar a accesibilidade do noso alumnado na súa contorna e polo tanto na vila de Pontedeume.


 









No hay comentarios:

Publicar un comentario