CLUB DE LECTURA

jueves, 17 de junio de 2021

Para ler no verán!

 


Xa estamos ben preto do verán e das vacacións!

 Güino e o  equipo da biblioteca escollimos as recomendacións para ler na praia, os días de choiva e sempre, sempre anter de adormecer! 

Podedes botarlles un ollo na nosa biblioteca e logo escoller algún para encargarlle aos papás e mamás ou collelo emprestado na biblioteca municipal. Alexandre, o bibliotecario,  estará encantado de recibirvos e emprestárvolo.




Aquí vos deixamos unha montaxe coa escolma  para este verán:

 
Para máis información preme nas imaxes dos libros:


E. Infantil:









































Para 1º e 2º de E. Primaria:


                                                          

 
       

                            

Para 3º e 4º:
























Para 5º e 6º:





















Botádelle un ollo, tamén no "Xardín do Pasatempo", aos libros elaborados dentro do PDI deste curso. 
Parabéns! Menudos traballos chulos!

 Para o curso estarán todos dispoñibles para que os levedes ás vosas casas como empréstito.


Boas vacacións!


domingo, 13 de junio de 2021

ACCESIBILIDADE E INCLUSIÓN

 Neste curso tan atípico, o Departamento de Orientación iniciou a sinalización do cole para facilitar a accesibilidade do noso alumnado na súa contorna.



  Consideramos necesario que tódolos alumnos e alumnas poidan acceder a toda a información da súa contorna, polo que a nosa idea é facilitar a accesibilidade cognitiva ao alumnado na nosa vila e, que mellor maneira de facelo que empezando pola nosa escola. Pero para levalo a cabo debemos coñecer que é a Accessibilidade Cognitiva e os seus beneficios. 



Que é a Accesibilidade Cognitiva? 



É un instrumento básico de compresión da contorna e así eliminar as barreiras de comunicación, facilitar a accesibilidade e permitir que os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de desenvolverse. Tendo en conta o marco legal que regula a inclusión, o dereito á comunicación e a atención á diversidade, o proxecto de sinalización dun centro educativo céntrase no principio de accesibilidade e o diseño universal das contornas que garanten a participación e a aprendizaxe de todo o alumnado. 


A inclusión educativa é un dereito universal que permite dar unha resposta educativa a tódolos alumnos/as, independentemente da súa condición, características e necesidades. Deste xeito, a sinalización representa un pequeno paso ata o dereito á inclusión. Sinalizar é facer que un centro educativo sexa accesible no só físicamente, senón tamén cognitivamente, e implica que tódalas persoas coñezan e comprendan a súa contorna escolar. Según a Declaración para a educación inclusiva da UNESCO de 2005: "A educación inclusiva representa unha perspectiva que debe servir para analizar como transformar os sistemas educativos e outras contornas de aprendizaxe, co fin de responder á diversidade de tódolos estudiantes". Hoxe sería difícil imaxinar que para acceder a un edificio, non existan as ramplas que necesitan as personas con movilidade reducida. Estas ramplas representan unha accesibilidade física, unha accesibilidade visible. Podemos dicir que a accesibilidade cognitiva non é tan visible, pero igualmente importante e necesaria. 



Quen nos beneficiamos?: 

●O alumnado que demanda medios alternativos de comunicación

. ●Alumnado que a súa ruta preferente de aprendizaxe é visual. 

●Alumnado con necesidades educativas especiais: TEA, Síndrome de Down, TDHA, Dislexia...

 ●Alumnado de infantil, que aínda non sabe ler e pode orientarse grazas aos pictogramas. 

●Alumnado que non domina o idioma local. 

●O conxunto do alumnado en xeral. 

●Familias que acoden ao centro de forma puntual e lles facilita a orientación. 

●Docentes de recente incorporación, que aínda no coñecen as instalacións do centro. Polo tanto, sinalizar o noso centro educativo con pictogramas é crear as ramplas de acceso a nivel cognitivo. 



É unha necesidade e un dereito para determinados nenos e nenas, pero todos e todas nos beneficiamos desa rampla que nos facilita a orientación espacial e a autonomía e nos permite sensibilizar á comunidade educativa para formar unha sociedade máis inclusiva.




 Aquí tedes unha pequena mostra da sinalización con pictogramas feita no cole, pero seguimos traballando para poder facilitar a accesibilidade do noso alumnado na súa contorna e polo tanto na vila de Pontedeume.


 









domingo, 6 de junio de 2021

Pontedeume no medievo:

O alumnado de Educación Infantiel, " Astronautas " e "Elefantes" coa axuda das súas profes, Dámaris e Lidia, desenvolveron ao longo do curso un traballo ben interesante.
 Partiron dunha liña do tempo que comezaba coa creación do universo e remataba na actualidade. Así, esta investigación levounos a descubrir que PONTEDEUME,  A NOSA VILA, FUNDOUSE NA IDADE MEDIA. Idade de reis, raíñas, cabaleiros, condes, princesas... pero tamén de fermosas construccións.
 Para coñecer máis desta época na nosa vila realizaron saídas e vídeoconferencias; ademais de, xogos, debuxos, maquetas, murais..

Coas producións que recollen todo o aprenderon crearon un xogo co que agasallaron  a Güino e que permanecerá na biblioteca do noso cole para que todos os compañeiros e compañeiras poidan coñecer máis é mellor a nosa localidade.

PREME!!


Deixánnos con esta creación interactiva na que nós mesmos podedos mergullarnos, ao noso ritmo, no coñecemento un pouquiño máis profundo da nosa vila. 

BO TRABALLO!!!

"As nosas igrexas"

 Dentro do patrimonio cultural eumés o alumnado de relixión recompilou información sobre as parroquias, as igrexias de cada unha delas, a súa ubicación e o seu estilo arquiterctónico e moito máis .

Explícannolo no seu blog, premede na imaxe e achegádevos a toda a información:



Como produto final do PDI nas súas aulas é esta videomontaxe. 



Tan completo como interesante! Parabéns!!

sábado, 5 de junio de 2021

"Pontedeume na historia"

Xa chegou á biblioteca o album ilustrado sobre o pasado eumés que a comezo de curso Güino encargáralles facer á rapazada de 5º e 6º.

Estiveron ben atarefados documentándose,





ilustrando, redactando,

 


e agora veñen de achegar ao "Xardín do Pasatempo" un exemplar do libro "Pontedeume na historia" . Un novo tesouro para a sección de produción propia que poderedes axiña levar á vosa casa ou á vosa aula como empréstito.

 
Ademais, adiántannos o seu contido neste vídeo:




Parabéns! 

miércoles, 2 de junio de 2021

Programa Prensa Escola

 O noso cole leva anos recibindo cada mércores a prensa escrita para 5º e 6º de primaria.

 Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas.

Neste terceiro trimestre, logo de traballar durante todo o curso con este periódico, o alumnado de 5º redactou unha "Carta ao Director" da Voz de Galicia para expoñer as súas opinións sobre o uso do galego no xornal.



 Fíxolles moita ilusión vela publicada o Día das Letras Galegas e decidiron elaborar un diario con todas as seccións  en galego. Aquí nos deixan o resultado!