Este curso como cada ano a finais de abril na nosa escola imos festexar o Maio. Achegaremos a escola verdes (fiúnchos, fentos, xestas...) e flores (margaridas, calas, rosas,...), laranxas e ovos baleiros para facer un Maio por ciclo o xoves. O venres verémolos todos xa rematados e preparados para que o alumnado máis vello da escola, en grupos burbulla e gardando a distancia de seguridade desfilen con eles polas rúas de Pontedeume para achegalos á Casa da Cultura e participar no concurso de Maios do Concello.
Aquí tedes anacos de vídeos doutros anos onde podemos escoitar e aprender a "Danza do Biouteiro", cantiga tradicional que se adoita cantar por estas datas ano tras ano na nosa vila.
Xa pasou a festa! O noso cole arrecendía a flores e fiunchos, aprendemos os nomes das plantas tradicionais mentres as clasificabamos e poñiamolas no Maio. Todos os nenos e todas as nenas axudados polas mestras e mestres colaboraron na elaboración estas esculturas na honra da primavera, e do bo tempo e todos e todas contribuimos un ano máis a que esta tradición perdure na nosa vila.
Este ano non puidemos , todo o cole,levar os Maios en desfile por mor da pandemia. O alumnado maior, de 5º e 6, foron levalos en grupos burbullas ata a Casa da Cultura onde quedaron en exposición para que o 1ª de Maio puidera visitalos a veciñanza eumesa.
Exposición na Casa da Cultura o 1º de Maio. |
Ollade nesta curtametraxe a actividade!
A pesares da pandemia houbo concurso e os xuices repartiron premios a todos os Maios neste ano tan especial. Os premios ao non haber festa o 1 de Maio achegáronnolos á escola:
1º Premio, trofeo e diploma ao Maio Infantil (E. I ), 2º Premio trofeo e diploma ao Maio Couceirista, 3º Premio trofeo e diploma ao Maio Colorido, Accesit con diploma ao Maio Floreado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario