CLUB DE LECTURA

domingo, 24 de enero de 2021

Día da Paz

 


O Programa Mundial de Alimentos da ONU ( WFP, polas súas siglas en inglés) foi elixido gañador  do Premio Nobel da Paz 2020, polos seus esforzos en combater a fame no mundo e, especialmente, en zonas de conflito, "evitando o uso da fame como unha arma de guerra". Con este galardón, o Comité do Nobel "desexa volver os ollos do mundo cara aos millóns de persoas que padecen ou enfrontan ameázaa da fame". "Ata que chegue a vacina [de coronavirus], a comida é a mellor vacina contra o caos", afirmou o Comité Noruegués do Nobel no seu anuncio este venres en  Oslo.

Este curso  co gallo do Día da Paz no noso colexio colaboraremos co Banco de Alimentos Rías Altas, zona de Ferrol, para facer chegar ao noso alumnado o galardón recibido por WFP e sobre todo a importancia da solidaridade sempre, e máis nos tempos dificiles que estamos a vivir.


O vindeiro venres, 29 de xaneiro, nas entradas do cole haberá unhas caixas da O.N.G. onde recolleremos alimentos non perecedoiros e precociñados tales como atún, garavanzos, lentellas, leite, galletas, aceite de oliva,…Todas as familias interesadas achegarán a súa doazón a través das súas fillas ou fillos que a depositarán ao entrar na escola (as familias de E. I. poden depositar os alimentos os adultos que acompañen ás crianzas).




Para a conmemoración desta data nas aulas dende o "Xardín do Pasatempo" achegamos unha escolma de libros dos nosos fondos para o empréstito de aula ou individual .






 Ademais aquí vos deixamos estoutras suxestións para traballar nas aulas.


Preme para ver actividades complementarias ao vídeo.














Grazas pola vosa sempre entusiasta participación.
 Agardamos que o vindeiro Día da Paz a situación no mundo e na nosa vila teña mellorado e poidamos conmemorar esta data dun xeiro máis próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario