CLUB DE LECTURA

miércoles, 29 de abril de 2020

#pontedeumemaiosnacasa

Este curso imos ter uns Maios diferentes dada a situación de confinamento en que vivimos. Unimonos á proposta do concello que nos di: 

"A Festa dos Maios é, sen dúbida, unha das nosas tradicións de máis arraigamento.A exaltación da luz, das flores , da natureza e do autóctono chega a nosa vila todo os anos o día 1 de maio en forma de figuras florais e coplas que enchen a noso Xardín e Alameda de rapazas, rapaces e cores.Este ano non poderemos festexala coma sempre, pero non queremos deixar de acudir a esta cita tan eumesa.Por iso, propoñemos a celebración do Maio na casa.Podedes confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera elemento que se vos ocorra. Coma sempre, a temática será libre e non esquezades que entre os seus elementos decorativos haxa flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe.Cando teñades a vosa creación rematada, subide unha foto ou pequeno vídeo ás redes sociais coa etiqueta #pontedeumemaiosnacasa e etiqueta ao Concello de Pontedeume.Tamén podedes acompañar o voso maio dalgunha copla!E así, aínda que dun xeito diferente, non perderemos a ocasión de festexar esta tradición tan antiga e tan eumesa.Que a cultura non pare!"

Cada ano nós ensaiabamos coplas feitas nas aulas ou tradicionais que seguro que lembrades ben.
No blog de música podedes recordalas. Premede na imaxe e visitade couceiromusical.



Faciamos os Maios nos corredores coa axuda das familias. Mirade a entrada do ano pasado!

Preme!


Logo de bailar os Maios no patio o 1ª de Maio íamos ao concurso do Concello, cantando e pedindo para o noso Maio. Lembrades esta copla? Fala de lugares da nosa vila e ten o retrouso popular común a moitas zonas de Galicia.

Eí vén, eí vén
eí vén o Maio longo!
Eí vén, eí vén, 
eí vén por Campolongo.
Eí vén por Vilar,
polo Barro xa pasoou.
Polo Souto está 
chega eiquí e vai cantar:


Bótenos o Maio, Sr. cabaleiro.
se non ten o Maio,
bótenos diñeiro.
Se non ten o Maio.
bótenos diñeiro,
bótenos o Maio Sr. cabaleiro.

E víchedes o Maio?
E víchedelo ben?
Quedádevos con Deus ata o ano que vén!

Eí vén, eí vén...

Pois este ano tamén imos participar nos Maios do Concello e as familias axudaranos en casa a facer as flores para o noso maio con materiais de reciclaxe. Tedes titoriales no facebook do cole, na páxina do Concello, nos blogs das aulas ou na rede.
Ánimo, o Couceiro volvera encher de flores e cantigas o 1º de maio eumés. Que non se perdan as boas tradicións!

Xa están todos os Maios na rede! Aquí deixamos os de 5ª A e B, olládeos premendo nas imaxes!




 Parabéns, traballo ben feito!

viernes, 17 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO #euquedonacasalendo

Seguro que estes días estades a ler, a ver, a escoitar moitos contos. Contados polos vosos papás e mamás; lidos por vós na tablet, no ordenador ou en papel.


Pois a proposta de Güino é a seguinte para o día 23, Día do Libro:


Por ser o Día do Libro imos facer un momento especial do noso tempo de lectura. Ímonos fotografar e enviar a foto para que Güino faga a videomontaxe #euquedonacasalendo ao correo de Güino que é:  bibliocouceiro@gmail.com


Para facer fotos ben orixinais botádelle imaxinación, pensade que:
  • Podemos estar sós ou lendo en familia., mellor se saímos todos na foto, non é?
  • Escollemos o libro que máis nos gusta, o máis novo, o que estamos a ler nestes días...
  • Podemos poñervos preto dos nosos libros no noso cuarto, na sala, na ventá...
  • E tamén podemos facer construcións cos nosos libros e facer a foto lendo ao seu carón!
O 24 queremos empezar xa a montaxe fotográfica #euquedonacasalendo . Enviade as vosas fotos segundo as fagades para que todos e todas axiña podamos vernos compartindo as nosas lecturas  do Día do Libro!

Parabéns a toda a Comunidade Educativa pola vosa participación neste Día do Libro, diferente e entrañable a un tempo!






Chegounos un conto sobre o coronavirus que fixeron Juan Luís, de 6º A e a Silvia a súa nai. Ollade que ben traballa Juan Luis para ilustrar a historia con papiroflexia!





Moitas grazas por compartir! 

 Dende o 30 de marzo, Güino ven recibindo e compartindo con nós as recomendacións lectoras de toda a Comunidade Educativa.Chegaron as  últimas, máis non ten porque ser as derradeiras. Animádevos a recomendar un libro, estades a tempo.




                                           Moi ben Xabi!


Grazas Candela!


Felicidades  Clara!


   Teñen boa pinta, xa estamos pedíndoos para a biblio, grazas Cris!


Parabéns Diego!
Premendo na imaxe podedes ver outras recomendacións de profesoras e de nenos e nenas do cole.


Xa estamos esperando vervos o Día do Libro, lembrade facer a foto!

martes, 14 de abril de 2020

Abril, Mes do Libro:



Como todos saberedes, abril é o Mes do Libro. Comeza co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o día 2, o remata o 23 co Día Internacional do Libro.

Certo que toda esta novidade do confinamento será unha celebración distinta á que xa tiñamos pensada para festexar no cole. Pero coa vosa axuda,  e a de toda a Comunidade Educativa, celebraremos un magnífico Día do Libro.
Contámovolo na próxima entrada deste blog!



Este ano dende as Bibliotecas Escolares de Galicia mándannos unha bonita mensaxe en forma de desexo:

"Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!"


Preme!!!


E nós, o equipo de axudantes de Güino, recomendamosvos unha páxina ben interesante para que vos axude a coñecer o canto das aves! Só tedes que premer no cartel do Día do Libro! A que é "guay" !

Tamén envíamosvos  bicos en forma de libro. Mágoa non poder estar na escola e darmos mil e un bico! Todo chegará!
Mentres Gúino seleccionou para vós contos que nos falan dos bicos, o luns 13 que non había escola, foi o Día Internacional do Bico. 

Dende hoxe ata o Día do Libro deixámos máis contos que días ata chegar ao 23 no que xa queremos poñer a actividade que fagamos entre tod@s!:    #euquedonacasalendo

 Esperamos que o pasedes ben!


















































viernes, 3 de abril de 2020

Vacacións!!??

Si, xa chegou a Semana Santa, hoxe danvos as notas, pero van ser unhas vacacións ben diferentes.
Ao non ter tarefas escolares e ao non poder saír á rúa, seguro que tedes un montón de tempo libre, demasiado, non é? Ollade como nolo contan nesta historia dun neno coma vós.
Este conto, que Ramón D. Veiga escribiu e Iván R. ilustrou,  compárteno con nós desde a Reibonteca, do Colexio de Reibón en Moaña



Güino vai poñer nesta entrada as recomendacións lectoras que van chegando das familias e do profesorado do centro e que moitas ou todas elas están na plataforma "Galicia le" de maneira gratuita, así poderás ver e ler os contos na túa tablet ou no teu PC.



 A última recomendación en chegar é a da profe Estefi, estades feit@s uns e unhas youtubers! Que rápido aprendedes!








Graciñas, Carlos!



Estupendo Lidia!






Grazas Claudia!





Felicidades Sara!


Martín tamén atendeu a petición de Güino e mandounos este "booktrailer".



Parabéns Martín! 

Alba,respostou ao reto de Güino, e agasallounos o Día do Libro Infantil e Xuvenil con outra recomendación. 



Grazas, Alba!


E por último unha recomendación da profe Mari!









 Parabéns a todas e todos, animádevos estes días a ler, a lectura xunto coa vosa imaxinación pode levarvos a mil e un lugar.

Aquí vos deixamos unha selección, realizada por Biblioanxo, para todas as idades.Se pinchades na imaxe, accederes ao documento en Google Drive, e abrideos pinchando na portadas (non todos se poden descargar)


Tamén podedes continuar co envio  dos vosos "booktrailler" a     bibliocouceiro@gmail. com

A coidarse, xa queda menos para estarmos xunt@s!


jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL Día Internacional do Libro Infantil e Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


Preme e visita o blog de Orientación!
Dende 1967, o 2 de abril, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebrou o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen . Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) preténdese promover a boa lectura infantil e xuvenil dos libros e a lectura entre os máis pequenos.
 Lembrades a mensaxe de Güino?
Para lelo preme na imaxe!
























Pois Martín atendeu a petición de Güino e mandounos este "booktrailer".



Parabéns Martín! 
Alba, tamén atendeu ao reto de Güino, e agasállanos o Día do Libro Infantil e Xuvenil con outra recomendación. 



Grazas, Alba!


E felicidades tamén a todos e a todas neste Día do Libro Infantil , aproveitadehoxe para reler un dos vosos libros favoritos e enviádenos a vosa recomendación a bibliocouceiro@gmail.com



Preme e visita o blog de Orientación!

No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, recoñecemos e celebramos os dereitos das persoas con autismo. A celebración deste ano vén no medio dunha crise sanitaria como non lembra outra das nosas vidas, unha crise que crea un risco desproporcionado para as persoas con autismo como consecuencia do coronavirus e os seus efectos sobre a sociedade.


Na imaxe tedes a ligazón que vos levará a coñecer moito máis sobre o autismo achegándonos a esta realidade tamén a través da literatura.

Este curso tiñamos pensado, como unha actividade máis das desenvolvidas no PDI "No Couceiro pola Igualdade" a rotulación de todas as estancias da escola con pictogramas. Ánimo, á volta farémolo! 


Preme e le!
  Moi a miúdo, as persoas con autismo teñen dificultades no desenvolvemento da linguaxe e ás veces na intención comunicativa. Ademais, as persoas con autismo procesan moi ben as imaxes. Por todo isto, os pictogramas son un dos mellores medios de comunicación con estas persoas, a partir de aí para estimular a linguaxe oral e, en todo caso, proporcionarlles un sistema de comunicación inicial.


Güino escolleu un conto con pictos para achegarnos a esta linguaxe que todos e todas seguro que entendemos, é unha linguaxe, doada para todos e todas nós, que facilita a integración e a comunicación con persoas con dificultades na linguaxe. Anímate a lelo!



Nestes vídeos podemos ver   como poden comportarse algús casos de autismo e como podemos comportarnos nós con eles.








Gustáronvos? A que xa sabemos algo máis das persoas con síndrome autista?

miércoles, 1 de abril de 2020

Día mundial da temática LGTBI

Hoxe, día 1 de abril,  celébrase o día mundial da temática LGTBI. No ADN do noso proxecto "No Couceiro pola Igualdade" está o respecto ante as diferentes realidades persoales e familiares.

Hoxe Güino seleccionou para todos e todas nós un agasallo que fala de diversidade, de tolerancia e de aceptación ante as diferentes familias da nosa comunidade.



Esperemos que vos axude a pasar un momento agradable de escoita e reflexión nestes días en que tanto botamos de menos a diversidade das relacións que tiñamos na escola, nas rúas, nos parques...