O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
No noso centro a preparación desta conmemoración comezou moitos días antes nas aulas, realizándose actividades que atinxen a diversas competencias, dentro de distintas materias e en todos os niveis educativos.
Coa colaboración das familias realizaron instrumentos de percusión para esta data, estes foron utilizados para a latucada coa mestra de música ao tempo que cantaban ao mundo:
" Somos pequenos, somos xoguetóns
Dame unha lata que estea chea de paz,
vente comigo que quero disfrutar.
Ola! Somos os nen@s de Pontedeume
e aquí estamos a dar a lata pola paz (bis)
As armas destas guerras as imos enterrar.
Cambiemos o rancor por un pouco de amor.
Que ninguén pase fame neste mundo grande.
fagamos esta vida máis xusta e divertida
(Retrouso)
A lata do amor , a lata dos soños.
A lata do amigo, a lata dos bicos.
A lata do amor , a lata dos soños.
A lata do amigo, a lata dos bicos.
(Retrouso)
Seguindo a suxestión do Proxecto de Animación á Lectoescritura de Illa Fantasía todo o alumnado do centro elaborou coa axuda das súas titoras e titores o mural "Ondas de Paz" que representa a loita do noso centro por un mundo sostible e en paz, onde a pesar do estado dos mares cheos de plástico e lixo, a pesar desa marea "negra", conseguimos descubrir a luz coas nosas palabras e mensaxes de paz.
Premendo a imaxe veredes como nolo contan as nenas e nenos de 1º de primaria
Todas as aulas foron un fervedoiro de actividade a prol dos valores que conleva esta data imbricada no noso PDI "No Couceiro pola Igualdade"
Premede na imaxe e veredes unha das actividades nas aulas de terceiro "A vila da Igualdade":
O alumnado de valores de sexto tamén estivo a traballar nos conceptos de violencia, agresividade en contraposición con diálogo, tolerancia, paz... Analizando as causas do "virus" da violencia para inventar as súas "vacinas" da Paz e do Bo Trato. Fixeron os "Murais para a Paz e o Bo Trato"
Pulsade na imaxe e veredes máis detalles da actividade.
Estes días a entrada da nosa biblioteca , onde acostumamos a ter exposicións temáticas, está
"Mergúllate nun mar de paz"con libros para préstamo, sobre a amizade, a tolerancia e a paz, adaptados a todas as idades.
Despois de elaborar en días pasados unhas ondas cheas de mensaxes de LUZ, cheas de palabras ou feitizos que nos axudaran a sacar o lado bo das cousas e xogando coa simbiose de luz que trae a paz recreamos entre todas e todos un gran símbolo da paz que pouco a pouco foi alumeando as primeiras horas de "escuridade" da mañá do 30 de xaneiro.
Logo, a media mañá, continuamos cos actos da conmemoración do Día da Paz e non Violencia, coa latucada e a solta de pombas mensaxeiras xa tradicional co noso colexio.
Parabéns a toda a Comunidade Educativa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario