CLUB DE LECTURA

jueves, 21 de noviembre de 2019

Día Contra a Violencia de Xénero


Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade,  a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.


Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música co tema "Vivir" de Rozalén e Estopa.


Aquí tedes o vídeo para practicar!






 E coa axuda de Cristina, a profe de Música, bailaremos todas e todos con esta coreografía orixinal do CEIP Caparrós.




Ademais entre todas as clases, dende os nenos e nenas  de tres anos ata o alumnado de 6º, realizaremos unha decoración chea de simbolismo a proposta de Illa Fantasía, o proxecto de Animación á Lectura no que está a participar E. Infantil e E. Primaria de 1º a 4º:

  • Estamos a realizar obxectos violetas reciclando e empregando materiais naturais, onde escribimos palabras contra a violencia machista.


  • Construiremos con estes obxectos un gran cabo que una Isótita (Un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor por tódalas persoas e seres vivos é a lei máis preciada. Unha sociedade que convive en paz e en igualdade) coa nosa escola.





  • Ademais nas aulas estase a facer poesía, contos, murais...preparando todo cara o luns e na procura de desterrar o machismo da nosa sociedade. 











Ollade nestas montaxes audiovisuais parte das actuacións desta data:







No hay comentarios:

Publicar un comentario