CLUB DE LECTURA

jueves, 21 de noviembre de 2019

Día Contra a Violencia de Xénero


Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade,  a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.


Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música co tema "Vivir" de Rozalén e Estopa.


Aquí tedes o vídeo para practicar!






 E coa axuda de Cristina, a profe de Música, bailaremos todas e todos con esta coreografía orixinal do CEIP Caparrós.




Ademais entre todas as clases, dende os nenos e nenas  de tres anos ata o alumnado de 6º, realizaremos unha decoración chea de simbolismo a proposta de Illa Fantasía, o proxecto de Animación á Lectura no que está a participar E. Infantil e E. Primaria de 1º a 4º:

  • Estamos a realizar obxectos violetas reciclando e empregando materiais naturais, onde escribimos palabras contra a violencia machista.


  • Construiremos con estes obxectos un gran cabo que una Isótita (Un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor por tódalas persoas e seres vivos é a lei máis preciada. Unha sociedade que convive en paz e en igualdade) coa nosa escola.





  • Ademais nas aulas estase a facer poesía, contos, murais...preparando todo cara o luns e na procura de desterrar o machismo da nosa sociedade. 











Ollade nestas montaxes audiovisuais parte das actuacións desta data:







lunes, 18 de noviembre de 2019

Charla: "O papel da muller no Islamismo e no Budismo"

Dentro do PDI "No Couceiro Pola Igualdade" o alumnado de 6º vai pescudar sobre o papel da muller no Islam (6º A) e no Budismo (6º B).

Hoxe realizaron un primeiro acercamento da man de Xosé Antonio Lozano García, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela que ampliou a súa formación en Portugal, posúe o  Premio de Narracións Breves Manuel Murguía (Arteixo) e na actualidade é profesor no IES "Fraga do Eume" .

Xosé Antonio, introduciu á rapazada dos sextos na visión do mundo exposta por Mahoma no século VII, amosándolles como no Corán incluía melloras para a muller de aqueles tempos, facéndolles ver como na segunda metade do século pasado as mulleres islámicas tiñan unha integración social no mundo cultural, laboral e académico superior á situación actual, froito de fundamentalismos relixiosos que someten a todo o pobo pero máis ás mulleres.

Mulleres afganas nos 70 e na actualidad.Premede para acceder a máis información.

Tamén deu unhas pinceladas sobre o Budismo, a filosofía de Buda, o positivismo das súas ideas, a diferencia ao non ser unha relixión con un Deus e a situación da muller nos países budistas.


 Máis información si premes.
Preme para ter máis información.


Dámoslle as grazas a Xosé Antonio pola interesante charla desta mañá e ao alumnado pola súa actitude de escoita activa.







 Bo punto de partida para o noso proxecto!!! Noraboa a todas e todos!





jueves, 14 de noviembre de 2019

Magosto e Día do Peón.



A celebración dos magostos é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida. Pero o magosto tamén ten un simbolismo de festa dedicada aos nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos.

 Polo San Martiño, no mes de outubro, as castañas xa maduras empezan a abrilos ourizos e a caer ao chan. A estas primeiras castañas en caer chámanlle nalgunhas zonas do interior “as do engazo”, xa que son recollidas co engazo ou angazo. Comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración, cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de novembro, festividade de San Martiño, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas, ou mesmo, dende mediados de outubro ata mediados de novembro.

A etimoloxía da palabra magosto non está clara. Para algúns lingüistas esta denominación viría do latino Magnus-ostus, Magnus Ustus ou Magum Ustum co significado de grande lume, grande queima ou montón queimado, significados todos eles que fan referencia ao significado do lume nesta celebración.

Respecto á orixe desta atiquísima festa, tampouco se sabe a ciencia certa de onde ven, pero parece innegable que existen conexións con outras festas do lume, xa sexan as fogueiras que se facían en Galicia na Noiteboa e no Nadal, ou as celebradas nos días de San Silvestre e de San Xoán.

 No magosto conflúen tres elementos principais: as castañas, o viño e o lume. As veces estas festas acompáñanse doutro tipo de viandas da terra como os chourizos e o pan. Son moitas as crenzas tecidas arredor dos magostos, pois hai quen cre que cada castaña que estoura no lume supón a liberación dunha alma encerrada no purgatorio. En canto ao seu aspecto simbólico, a castaña podería simbolizala inmortalidade, ao ser un froito que provén dunha árbore de longa vida.

Agora preme na imaxe e poderás ler moito máis sobre as castañas, as súas variedades, os seus nomes, como se chama o verme da castaña, etc.

Entra para saber máis!
Interesante, non?

Ao tempo do magosto na nosa escola adoitamos festexar o Día do Peón. A rapazada maís vella do cole pescudou no vocabulario propio deste xoguete e fixo un mural ben chulo. Ollade!

Preme e xoga!






Logo as nenas e nenos de 6ºA utilizando parte do vocabulario do peón fixeron en grupo os diálogos que podedes ver neste vídeo.






Proba agora a xogar ao pasapalabra do peón!


Xogamos?



Este ano o Día de San Martiño celebramos o Magosto e mais o Día do Peón. Mágoa que o tempo non permitira que o fixeramos fóra, nos patios, polo que as familias non poideron acompañarnos. Aínda así bailamos, comemos castañas, xogamos á buxaina...Que ben o pasamos! Non?







jueves, 7 de noviembre de 2019

Exposición PDI: DOCUMENTACIÓN

Logo das actividades previas ao Proxecto:

  • Encrucillado temático para traballar o vocabulario base.







  • Propostas de título.














  • Referendum para escoller o nome do PDI .





  •  Escollimos:"No Couceiro pola igualdade"




  • Documentación inicial que se irá completando atendendo ás necesidades de cada grupo.
Hoxe o Equipo da Biblioteca expuxo libros informativos para todas as idades (Galego e Castelán) e narrativa en galego, castelán e inglés tamén para os diferentes niveis e intereses. 


Xa podedes visitar a exposición e achegar os libros informativos como préstamo aula e os de narrativa ás aulas e  tamén como préstamo individual para ler nas casas. Todos eles devolveranse á exposición que ademais irase enriquecendos con máis fondos que xa tiñamos no "Xardín do Pasatempo" ou novas adquisicións.