Estamos a comezar unha nova actividade dinamizadora no "Xardín do Pasatempos". Con ela ademais de dar a coñecer volumes da nosa biblioteca, libros que procuran unha actitude igualitaria, normalizadora, rexpectuosa e visibilizadora da diversidade, pretendemos propiciar un espazo educativo e de encontro da comunidade na que está inmersa, comunidade diversa e que este curso vai desenvolver o seu PDI en col da igualdade, tolerancia, feminismo.
Baseandonos na dinamización dende o Equipo da biblioteca dunha escolma de libros axeitados aos distintos niveis do alumnado do cole, co "Club das Letras" pretendemos crear unha canle para potenciar o pensamento crítico ao tempo que damos a coñecer os novos fondos de inclusión da Biblioteca Escolar (B.E.) e traballamos a temática do PDI.
No primeito trimestre presentaranse os seguintes libros.
|
Para E. Infantil |
|
Libro de 1º de Primaria |
|
2º Primaria |
|
3º Primaria |
|
4º Primaria |
|
Volume presentado aos quintos. |
|
Texto dinamizado a 6º primaria. |
Toda a rapazada do Couceiro participa no "Club das Letras" dirixido por mestras do Equipo de Mantemento da Biblioteca Escolar. Nos de 6º de Primaria colabora Sabela Louzao, unha antiga mestra do colexio que achega a súa grande experiencia e entusiasmo. Moitas grazas a todas!
O "Club das Letras" desenvolverase ao longo do curso partindo da dinamización inicial do "Xardín de Pasatempos" levarase a actividade ás aulas, onde se realizarán a meirande parte dos produtos finais da ma das titoras e titores.
Seguiremos informando!
Boa sorte neste novo proxecto, que alegría que Sabela colabore con vós.Seguide así con esa boa disposición e entusiasmo.
ResponderEliminar