CLUB DE LECTURA

lunes, 27 de mayo de 2019

Bo Proveito! en cada aula.

Xa avanzado o trimestre e adiantándonos á exposición final do PDI, vexamos o que está a pasar nos diferentes niveis.

En E. Infantil na "Clase dos Peixiños" continuam a viaxar polo mundo gastronómico e seguindo un ananiño coñeceron variados aspectos da realidade etíope e ata comeron pan daquel lonxano país africano. Cruzaron o "charco" e chegaron ata Venezuela coa súa curiosidade e dalí tamén coñeceron un prato típico: As arepas. Mirade no seu blog que experiencias tan enriquecedoras e apetitosas.


Tamén en E.I. "Os pequenos maiores" xa botaron a andar o seu restaurante.

Preme na imaxe





Claro, coa horta tan vizosa que ten a rapazada de Infantil deben preparar uns pratos ben saborosos.






Xa en Primaria os, primeiros e segundos estiveron no obradoiro: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, que forma parte do Plan Proxecta de Alimentación e que este ano integramos no PDI do curso: BO PROVEITO!
Foi toda unha novidade comer un bocata saudable a base de mexillóns, de atún e ata de sardiñas, pero é que estaban deliciosos, inda @s que non querían, animáronse a probalos e déronse conta de que hai moito máis que os bocadillos que comemos habitualmente.

Entra na imaxe !
Ademais estan a rematar o seu traballo sobre as vacas, ollade que murais tan completos están a realizar!
































Os terceiros foron  á Escola de Hostalaría. Agradecemos a colaboración unha vez máis do IES "Fraga do Eume" que tan ben nos recibe sempre!

Infórmate no seu blog, preme!

E o alumnado de 4º, logo da visita a unha exposición na Casa da Cultura traballaron sobre os bodegóns e realizar os seus propios en homenaxe ao pintor eumés Abelardo Miguel e á vila de Pontedeume.
Neles aparecen distintas paisaxes ou lugares que son importantes para eles, repletos de alimentos saudables.Para máis información entra no seu blog premendo na  seguinte foto.


O alumnado de 5º e 6º que está a centrar o PDI na alimentación coa mirada das artes durante este trimestre está a practicar coa arte fotográfica e a cociña. Xa teñen o seu mural con fotografías informadas case que rematado, ollade que traballo tan interesante! 
Logo da pintura, da poesía e do teatro sobre alimentación por fin decidíronse a poñer se coas mans na masa e teñen imaxes para demostralo.








Asemade, e  a proposta do equipo das aulas bilingües, todo o colexio participou no Album Bilingüe e, dinamizado pola biblioteca, celebrouse o XI Certame de Poesía Couceiro Freijomil, como xa vos temos informado.

.
Todo esto e moito máis está a pasar nas aulas do Couceiro arredor do proxecto deste curso común a todas as aulas do centro.
Interesante, non?






No hay comentarios:

Publicar un comentario