CLUB DE LECTURA

sábado, 6 de abril de 2019

Abril, mes do Libro

En abril, Mes do Libro, o Couceiro énchese de actividade. Non fixemos máis que comezar e na 1ª semana e  xa asistivos a diversos actos darredor do LIBRO:


  • Os máis pequenos visitan a Biblioteca Municipal Poeta Ramiro Fonte, e Alexandre, o bibliotecario ademais de convidalos a visitala cada tarde , explícalles o seu funcionamento. Desta volta, presentoulles un clásico da literatura infantil galega: "Chucho Cacho" de Darío Xohán Cabana.

 Esta é a historia dun Ourizo chamado Chucho Cacho e se te metes con el convértese nunha pelota de espiñas. Ademais, gústanlle moito os insectos e os caracois, pero moito, ,moito máis o leite, as lambetadas e durmir polo día. 
           

Premede!
  • O alumnado que participa no Proxecto de Animación á lectura "Illa Fantasía"recibiu a visita da nosa amiga a Gran Xefa India  Tatanka  Ska. Viña cargada de sorpresas nunha bolsa que parecía ter a  capacidade de producir obxectos de maneira interminable. Cada un deses obxectos pertencía a un dos personaxes que viven en Illa Fantasía: O bufo  Beto, A meiga Sada, os piratas, a dama que aluma coa súa luz toda a Illa, os xemelgos (Marco e Cristóbal  Colón), o cabaleiro Cortés, a Bruxa Analfabeta (que quere que ninguén aprenda a ler), o gobernador, o trasgo Tino ou a  dragona dourada.



  • Os Clubs de Lectura de Choiva de Ras (5º A e B) veñen de recibir á autora, Ánxela Loureiro. Os clubes de 6º A e B  mentres esperan a visita de Héctor Cajaraville, autor de Kusuma (Premio Merlín 2018) marchan, á sobra das árbores e co son dos chíos dos paxaros, a ler as aventuras de Kusuma.  Os profes e as profes , que tamén teñen o seu club de lectura, reuníronse arredor da mesa para ao tempo que degustaban as viandas da Escola de Hostalaría do IES  "Fraga do Eume" comentar a súa última lectura ambientada nun restaurante, "Los Horcher". A lectura deste libro non deixou a ninguén "indiferente" e a través de xogos de palabras falaron de feitos que marcaron a historia da Europa do século XX.
 
  • Tamén dentro do PDI "Bo Proveiro" o cole está enchéndose de adiviñas que "quitan a fame".  En todas as aulas estám a preparar "Petiscos Literarios" para a Festa do Día do Libro con que imos recibir o 3º Trimestre.



  •  Nesta  1º semana de abril tamén tivemos a visita de Susa Herrera, con ela  o alumnado de 3º a 6ºcantou e fixo acompañamentos rítmicos a  unhas cancións moi divertidas que falaban de animais.Con estas cancións descubrimos  cousas interesantes destes animais: de onde eran, que comían , canto durmían..... Todas elas veñen no seu último libro:" En Cabárcenos se oye cantar"



Susa Herrera, recoñecida mestra e pedagoga musical é autora de varios libros infantís: "Cartas que veñen e van", "Animais ao caixón", "Animais Encantadores" e "En Cabárceno  se oye  cantar". Tédelos a vosa desposición nos andeis de audiovisuais da nosa biblioteca.

Moitas grazas Susa por esta sesión tan especial !




  • Para rematar a semana o venres fixemos entrega dun marcapáxinas, agasallo do Concello ,  animándonos a participar en  todos os actos que organiza este ano  por mor do 23 de Abril, Día do Libro.

















Chega o gran día! Ollade o cartaz!

No hay comentarios:

Publicar un comentario