CLUB DE LECTURA

viernes, 15 de febrero de 2019

PDI Bo Proveito no tempo de Entroido.

COLABORACIÓN FAMILIA - ESCOLA

Para abrir o tempo de Entroido, xa pasou a Candieira,  Emma, a nai de Ana de 5ºB, preparou  freixós para toda a rapazada de 5º.



Trouxo unha freixoeira ou filloeira e foinos facendo mentres  explicaba unha chea de cousas interesantes:

  • Ela segue a receita que aprendeu da súa avoa
    • Para 4 litros de auga
    • 8 ovos
    • 250 g de fariña do país.
    • 225 de fariña branca.
    • Touciño para engraxar a filloeira ou a tixola.






  •  Contoulles tamén que agora é màis doado pois hai cociñas modernas e non hai que estar tan pendente do lume como cando se facían no trespés queimando carozos de maínzo.
  • Tamén  faloulles das variedades segundo a zona de Galicia ou dos diferentes países.
  • Mentres facía os freixós falaron do Entroido, do pratos principal  desta festa e doutras sobremesas.
  • Ao final degustaron un delicioso freixó. Que ben arrrecendía todo o cole!












Moitas grazas, Emma!

Logo nas aulas recolleron a experiencia escribindo diferentes textos.


Aquí  cóntannolo todo!








Que sorte tiveron, non?

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Ola Enma. Fantástica ti e fantástica a iniciativa. Por favor, poderías facer unha pequena demostración un día destes na miña casa ahí pola hora do xantar ??? jajajajaja. Un saúdo.

    ResponderEliminar