A mochila
viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade
que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis
novos.
As familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de
lectura compartida no caderno que achegamos en cada mochila.
O equipo do "Xardín do Pasatempo" escolleu os libros máis novidosos, aqueles que coidamos poden mellor acompañar o lecer das familias que len xuntas. Libros con música, de produción propia, de realidade aumentada... Libros en galego, mais tamén en castelán, francés e inglés.
A experiencia é positiva ano tras ano, pero o éxito ten un par de claves:
- Boa selección de contidos.
- Nada de imposicións. En materia de lectura, o encantamento dá mellores resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario